Esta idea orixinal do bibliotecario do congreso dos EE.UU. No ano 2005, xurdiu co propósito de crear unha colección en internet, de fácil acceso, de todos os tesouros culturais do mundo de xeito gratuito e en formato multilíngüe.
Os seus obxectivos son:
- Promover o entendemento internacional e intercultural.
- Ampliar a cantidade e a variedade de contidos culturais en internet.
- Facilitar recursos aos educadores e ao público en xeral.
- Permitir ás institucións asociadas reducir a distancia dixital "dentro de" e "entre" os países.
Inclúe manuscritos, mapas, libros pouco comúns, partituras musicais, gravacións, películas, fotografías, debuxos arquitectónicos... Pódese explorar de modo sinxelo según lugar, época, tema, clase de artigo ou institución colaboradora.