Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

 


ANO 2016


 

XVI CONGRESO NACIONAL Y
VII CONGRESO IBEROAMERICANO DE PEDAGOGÍA: DEMOCRACIA Y EDUCACIÓN EN EL SIGLO XXI

MADRID, 28-30 DE XUÑO DE 2016

logo congreso sep2016 vertical 229x300

 

COINCIDINDO CO CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE JOHN DEWEY "DEMOCRACIA Y EDUCACIÓN", A SOCIEDAD ESPAÑOLA DE PEDAGOGÍA, EN COLABORACIÓN CON OUTRAS REDES DO ÁMBITO DA EDUCACIÓN, CELEBRA EN MADRID O XVI CONGRESO NACIONAL E VII IBEROAMERICANO DE PEDAGOXÍA. SEP 2016 SERÁ UN LUGAR DE INTERCAMBIO DE COÑECEMENTOS, EXPERIENCIAS E INVESTIGACIÓNS QUE PERMITAN CONSTRUÍR NOVOS COÑECEMENTOS PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DO PENSAMENTO PEDAGÓXICO.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


ANO 2015


 

 ERNAPE-ARCTIC

BUILDING NEW FUTURES THROUGH RESEARCH AND INNOVATION

TROMSØ (NORUEGA), 26-28 DE AGOSTO DE 2015

cropped TEST11

 

A REDE EUROPEA DE INVESTIGACIÓN SOBRE A FAMILIA NA EDUCACIÓN (ERNAPE) CELEBRA A SÚA 10ª CONFERENCIA BIANUALEN 2015. A ERNAPE-ARCTIC ASPIRA A MIRAR CARA ADIANTE MÁIS QUE OLLAR PARA O PASADO E CONCENTRARSE NOS FUTUROS LOGROSNO CAMPO DA INVESTIGACIÓN SOBRE AS ESCOLAS, AS FAMILIAS E AS COMUNIDADES.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA CONFERENCIA

 

 


 

 

XIII CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA

A CORUÑA, 2-4 DE SETEMBRO DE 2015

top

 

CHEGA UNHA NOVA EDICIÓN, PARA SETEMBRO DE 2015, DO CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. CONSTITÚE UNHA CONVERXENCIA ACADÉMICA E QUE SUPÓN UNHA GRANDE MOBILIZACIÓN DE PROFESIONAIS, DE ESTUDANTES E PROFESORES DOS DIVERSOS ÁMBITOS DO ENSINO, DA PSICOLOXÍA, DA PSICOPEDAGOXÍA E, EN XERAL,  DAS CIENCIAS DA EDUCACIÓN.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

 

ECER 2015

BUDAPEST (HUNGRÍA),  7-11 DE SETEMBRO DE 2015

102126bd79

 

A CONFERENCIA ECER 2015  CENTRARASE EN DIFERENTES ASPECTOS SOBRE A TRASFORMACIÓN DA EDUCACIÓN EN EUROPA. ESTES INCLÚEN, POR EXEMPLO, OS CAMBIOS NA ESTRUTURA UNIVERSITARIA DENTRO DOS CAMPOS DAS HUMANIDADES E DAS CIENCIAS SOCIAIS E OS SEUS EFECTOS IMPREVISTOS NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA. A GRAN ESCALA, AS TRASFORMACIÓNS NOS SISTEMAS POLÍTICOS ESTÁN AFECTANDO Á EDUCACIÓN E Á INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN DIFERENTES REXIÓNS. ADEMAIS A AUSTERIDADE ECONÓMICA EN EUROPA FORZOU ÁS PERSOAS A REORIENTAR AS SÚAS VIDAS, NON SEMPRE PARA MELLOR. FINALMENTE, AS TRANSFORMACIÓNS NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA AFECTAN AOS SEUS DESENVOLVEMENTOS TEÓRICOS E METODOLÓXICOS.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA CONFERENCIA

 

 


 

 

IX CONGRESO INTERNACIONAL DE EVALUACIÓN FORMATIVA Y COMPARTIDA EN DOCENCIA INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA Y UNIVERSITARIA.

TENDENCIAS EMERGENTES EN EVALUACIÓN: EL PAPEL DE LAS TECNOLOGÍAS

SANTANDER, 17-19 DE SETEMBRO DE 2015

Logofechasbig

 

 

O CONGRESO TEN ENTRE OS SEUS OBXECTIVOS:

  • PROMOVER A DIFUSIÓN DE INVESTIGACIÓNS, ESTUDOS E EXPERIENCIAS INNOVADORAS RELACIONADAS COA AVALIACIÓN FORMATIVA NA DOCENCIA UNIVERSITARIA E OUTRAS ETAPAS.
  • PRESENTAR OS RESULTADOS DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN DOCENTE SOBRE AVALIACIÓN.
  • COMPARTIR EXPERIENCIAS, RESULTADOS DE ESTUDOS E TOMA DE DECISIÓNS SOBRE NOVAS VÍAS DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN ENTRE TODO O PROFESORADO DA REDE NACIONAL DE AVALIACIÓN FORMATIVA EN DOCENCIA UNIVERSITARIA, ASÍ COMO ENTRE TODO O PROFESORADO UNIVERSITARIO E  DOUTRAS ETAPAS INTERESADO NESTAS TEMÁTICAS.
  • ANALIZAR AS IMPLICACIÓNS DO USO DAS TECNOLOXÍAS NO DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS DE AVALIACIÓN NAS AULAS, ASÍ COMO ELABORAR UNHA SERIE DE INDICACIÓNS SOBRE O SEU USO E MELLORA.
  • PROMOVER O INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS DE AVALIACIÓN APOIADAS EN TECNOLOXÍAS, ENTRE DIFERENTES ETAPAS EDUCATIVAS.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

 

COOPERATIVE LEARNING: MEETING THE CHALLENGES OF THE 21ST CENTURY

IASCE CONFERENCE 2015

ODENSE (DINAMARCA), 1-3 OUTUBRO DE 2015

IASCE

 

A CONFERENCIAESTÁ DIRIXIDA A ACADÉMICOS, EDUCADORES/AS DE CALQUERA NIVEL OU ETAPA NA EDUCACIÓN FORMAL, INFORMAL OU NON FORMAL, OS POLÍTICOS E XESTORES DE EDUCACIÓN E A CALQUERA OUTRA PERSOA CON INTERESE EN EXPLORAR NA APRENDIZAXE COOPERATIVA E NA APLICACIÓN DE CO-OPERACIÓN EN CALQUERA ASPECTO DA EDUCACIÓN.

O OBXECTIVO É CREAR UN AMBIENTE DE INTERCAMBIO DE COÑECEMENTO E FOMENTAR O DIÁLOGO SOBRE O USO DA CO-OPERACIÓN NA APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO MEDIANTE OBRADOIROS PRÁCTICO SE PRESENTACIÓNS REALIZADAS POR VARIOS EXPERTOS.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA CONFERENCIA

 

 


 

 

CONGRESO INTERNACIONAL E INTERUNIVERSITARIO CONTRA LA POBREZA INFANTIL EN EL MUNDO

HUELVA-ESPAÑA (NOVEMBRO 2015)

ASUNCIÓN-PARAGUAY (NOVEMBRO 2016)

congreso contra pobreza

 

DE NOVEMBRO DE 2015 A NOVEMBRO DE 2016 DESENVOLVERASE O CONGRESO INTERNACIONAL E INTERUNIVERSITARIO CONTRA LA POBREZA INFANTIL EN EL MUNDO, NO MARCO DA "GIRA ESPAÑA POR LA INFANCIA", RECORRENDO MÁIS DE 30 UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, UNHA UNIVERSIDADE DE PORTUGAL, UNHA UNIVERSIDADE DE MARROCOS E FINALIZARÁ EN ASUNCIÓN (PARAGUAY).

OBXECTIVOS:

  • COÑECER OS DATOS DE POBREZA INFANTIL EN DIVERSOS PAÍSES DO MUNDO.
  • XERAR UN FORO INTERNACIONAL DE REFLEXIÓN SOBRE ESTRATEXIAS SOCIAIS, ADMINISTRATIVAS E POLÍTICAS QUE CONTRIBÚAN A REDUCIR A POBREZA INFANTIL.
  • CONCIENCIAR AOS DIFERENTES SECTORES SOCIO-COMUNITARIOS DA IMPORTANCIA QUE TEN DESENVOLVER MEDIDAS URXENTES CONTRA A POBREZA INFANTIL.
  • PROPICIAR UN ESPAZO PARA A EXPOSICIÓN DE BOAS PRÁCTICAS EN CONTRA DA POBREZA INFANTIL.
  • PRESENTAR AS ACTUAIS CONTRIBUCIÓNS AO CAMPO DA INVESTIGACIÓN DE EXPERTOS NA MATERIA.
  • FOMENTAR A PARTICIPACIÓN ACTIVA DE NENOS, ADOLESCENTES E MOZOS A TRAVÉS DE INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

 

XVII CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO

SANTIAGO DE COMPOSTELA 18-20 DE NOVEMBRO DE 2015 (ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA)

Logo XVII Congreso GALICI ANORTE

 

PRETENDE A XVII EDICIÓN DO CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO REVISAR OS AVANCES EN MATERIA DE RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS. POÑER DE RELEVO A PRODUCIÓN CIENTÍFICA, TÉCNICA, BOAS PRÁCTICAS E INTERROGANTES PARA ANALIZAR A ACTUALIDADE DESTAS CUESTIÓNS NO CONTEXTO DA EURORREXIÓN GALICIA E NORTE DE PORTUGAL.

  • COÑECER A EXPERIENCIA DESENVOLVIDA NA EURORREXIÓN NOS PROCESOS DE RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DAS COMPETENCIAS ADQUIRIDAS POLA FORMACIÓN E A EXPERIENCIA PROFESIONAL A TRAVÉS DAS DISTINTAS VÍAS FORMAIS, NON FORMAIS E INFORMAIS.
  • AVANZAR NA IDENTIFICACIÓN DOS RETOS DA ESTRATEXIA «EUROPA 2020», EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE, NUN CONTEXTO DE LIBRE CIRCULACIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
  • DEBATER ACERCA DOS MODELOS CONSOLIDADOS E AS BOAS PRÁCTICAS DESENVOLVIDAS, NA UNIVERSIDADE, ADMINISTRACIÓN, EMPRESA E ENTIDADES NON GOBERNAMENTAIS, NOS PROCESOS DE AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL, DENDE A LEI DAS CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS E A FORMACIÓN PROFESIONAL, PUBLICADA NO ANO 2002.FOCALIZAR ACERCA DAS RELACIÓNS CONCEPTUAIS E PRÁCTICAS ENTRE A ORIENTACIÓN E A FORMACIÓN, NOS PROCESOS DE AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL.
  • REFLEXIONAR SOBRE O ESTADO DA CUESTIÓN NUNHA PERSPECTIVA COMPARADA E INTEGRADA NO ESTADO ESPAÑOL E NO CONTEXTO COMUNITARIO DA UNIÓN EUROPEA.

ÁMBITOS TEMÁTICOS

    1. RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIAS.
    2. PROFESIONAIS DA FORMACIÓN E A AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS.
    3. RECURSOS PARA A FORMACIÓN, RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E A CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIAS.
    4. FORMACIÓN E ORIENTACIÓN AO LONGO DA VIDA

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

 

I CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE EDUCACIÓN BILINGÜE

CÓRDOBA, 17-20 DE NOVEMBRO DE 2015

CORDOBA

 

O I CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE EDUCACIÓN BILINGÜE NACE COA IDEA DE SER UN FORO COMPARTIDO DE INVESTIGADORES/AS, DOCENTES, XESTORES EDUCATIVOS E ALUMNADO PARA PROMOVER UNHA REFLEXIÓN COMÚN, INTERNACIONAL E DIVERSA SOBRE BOAS PRÁCTICAS BILINGÜES EN CONTEXTOS EDUCATIVOS DE CALQUERA NIVEL: INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA E EDUCACIÓN SUPERIOR.

ÁREAS TEMÉTICAS:

  1. ENSINO E APRENDIZAXE: MÉTODOS E RECURSOS
  2. EDUCACIÓN INTERCULTURAL
  3. IMPLEMENTACIÓN DE PROGRAMAS BILÍNGÜES

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


ANO 2014


 

I CONGRESO IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN SOCIAL EN
SITUACIONES DE RIESGO Y CONFLICTO

 

MADRID, 7-9 DE MAIO DE 2014

 1congreso madrid

 

OS DÍAS 7, 8 E 9 DE MAIO DE 2014 TERÁ LUGAR NA FACULTADE DE EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID A I EDICIÓN DO CONGRESO IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN SOCIAL EN SITUACIÓNS DE RISCO E CONFLITO.

 

O CONGRESO TEN OS SEGUINTES OBXECTIVOS:

 

  1. CREAR UN ESPAZO DE CONVIVENCIA INTERNACIONAL E IBEROAMERICANO ENTRE A ACADEMIA, PROFESIONAIS E ESTUDANTADO DOS DIVERSOS CAMPOS.
  2. COÑECER E PROFUNDAR SOBRE REALIDADES DA EDUCACIÓN SOCIAL EN RISCO E CONFLITO, DESDE DISTINTOS ENFOQUES EN INFANCIA E MOCIDADE; DELINCUENCIA E MEDIO PENAL; XÉNERO E MULLERES E INTERVENCIÓN COMUNITARIA.
  3. CREAR UN ESPAZO CONXUNTO DE TRABALLO ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS E ENTIDADES PÚBLICAS E PRIVADAS PARA O RECOÑECEMENTO E MELLORA DAS NECESIDADES E PROMOCIÓN DE EDUCACIÓN SOCIAL CON ESTAS POBOACIÓNS E ÁMBITOS.
  4. CREAR OU POTENCIAR REDES IBEROAMERICANAS CON PERSPECTIVA SOCIOEDUCATIVA, DE MODO QUE FORTALEZAN A PEDAGOXÍA SOCIAL/EDUCACIÓN SOCIAL NA COMUNIDADE UNIVERSITARIA.
  5. XERAR CONCIENCIA SOCIAL SOBRE UN ÁMBITO POUCO TRATADO E INVISIBILIZADO, REFLEXIONANDO E PROPONDO MEDIDAS DE MELLORA DE ACCIÓN SOCIOEDUCATIVA CON ESTAS POBOACIÓNS.

 

 MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

II CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE FAMILIAS E DISCAPACIDADE

“AS FAMILIAS, NO CENTRO”

 


BARCELONA, 15 E 16 DE MAIO DE 2014 

 2congresofamiliasfeaps2014

 

OS DÍAS 15 E 16 DE MAIO DE 2014, CELEBRARASE EN BARCELONA O II CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE FAMILIAS E DISCAPACIDADE, TITULADO “AS FAMILIAS, NO CENTRO” ORGANIZADO POLA UNIVERSIDADE RAMÓN LLULL, FEAPS E DINCAT.

O OBXECTIVO DESTE II CONGRESO É PRESENTAR AS ACTUALIZACIÓNS EN INVESTIGACIÓN, ASÍ COMO A PROMOCIÓN DE CAMBIOS NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA FAMILIAR A PARTIR DO MODELO CENTRADO NA FAMILIA.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 


 

EDEN ANNUAL CONFERENCE

 

ZAGREB 2014

 3logo zagreb

DENDE 0 10 AO 13 DE XUÑO DE 2014 TERÁ LUGAR EN ZAGREB (CROACIA) A EDEN ANNUAL CONFERENCE,  ONDE ESTE ANO OS EXPERTOS CENTRARÁN A SÚA ATENCIÓN NO E-LEARNING E NA SÚA RELEVANCIA EN ASPECTOS COMO O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, O EMPREGO E, POR SUPOSTO, O DESENVOLVEMENTO DE NOVAS FERRAMENTAS DE APRENDIZAXE.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO


 

II CONGRESO NACIONAL: CALIDAD DE LA DOCENCIA UNIVERSITARIA Y ENCUESTAS: BALANCE DEL PLAN BOLONIA

SEVILLA, 18 DE XUÑO DE 2014

 4bolonia

 

PASADOS XA VARIOS ANOS DENDE A IMPLANTACIÓN DO PLAN BOLONIA NAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, ESTE CONGRESO SUPORÁ UNHA EXCELENTE OPORTUNIDADE PARA FACER BALANCE DA SÚA REPERCUSIÓN NA CALIDADE DA DOCENCIA UNIVERSITARIA. ESTA INICIATIVA, QUE XA VAI POLA SÚA SEGUNDA EDICIÓN, SE DESENVOLVE DENDE A UNIVERSIDADE DE SEVILLA.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

 


 

II CONGRESO INTERNACIONAL DE CIENCIAS DE LA EDUCACIÓN Y DEL DESARROLLO

 

GRANADA, 25-27 DE XUÑO DE 2014

 

 5AnuncioCongreso2014

 

ESTE CONGRESO ESTÁ DIRIXIDO A ACADÉMICOS E PROFESIONAIS, INVESTIGADORES E FORMADORES, EDUCADORES E ESTUDANTES, XESTORES, ADMINISTRATIVOS E DIRECTORES DE TODOS OS ÁMBITOS DAS CIENCIAS DA EDUCACIÓN E A PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO. ENFOCADO ESPECIALMENTE AOS QUE TRABALLAN NO ÁMBITO DA EDUCACIÓN FAMILIAR, ESCOLAR E/OU COMUNITARIA E NO DA PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO HUMANO A NIVEL PRÁCTICO E/OU TEÓRICO. POR TANTO, É UN CONGRESO PARA INVESTIGADORES E PROFESIONAIS DE PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA, PSICOPEDAGOXÍA, EDUCACIÓN SOCIAL, TRABALLO SOCIAL, SOCIOLOXÍA, E MAXISTERIO INTERESADOS EN COMPARTIR E DEBATER COÑECEMENTOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS NA CONTORNA CIENTÍFICA SOBRE AS DIVERSAS ÁREAS TEMÁTICAS QUE SE ABORDARÁN.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 


 

XI FORO INTERNACIONAL SOBRE LA EVALUACIÓN DE LA CALIDAD DE LA INVESTIGACIÓN Y DE LA EDUCACIÓN SUPERIOR (FECIES)

BILBAO, 8 AO 11 DE XULLO DE 2014

 

 6bilbao

 

O XI FORO INTERNACIONAL SOBRE A AVALIACIÓN DA CALIDADE DA INVESTIGACIÓN E DA EDUCACIÓN SUPERIOR (FECIES) PRETENDE CUBRIR UNHA OFERTA DE FORMACIÓN ESPECIALIZADA SEGUNDO OS SEGUINTES OBXECTIVOS:

  1. COÑECER A NOVA ORGANIZACIÓN DOS ENSINOS UNIVERSITARIOS.
  2. ANALIZAR E DEBATER SOBRE A SELECCIÓN DO PROFESORADO CONTRATADO E FUNCIONARIO.
  3. COÑECER E DEBATER SOBRE A SITUACIÓN DO DOUTORAMENTO EN ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA
  4. POSTA AO DÍA DA SITUACIÓN ACTUAL DO PROCESO DE CONVERXENCIA EUROPEA EN ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA.
  5. COÑECER OS DISTINTOS PLANS QUE TEÑEN AS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS PARA POTENCIAR A INVESTIGACIÓN, A CALIDADE E A CONVERXENCIA EUROPEA.
  6. COÑECER AS DISTINTAS FERRAMENTAS PARA AVALIAR A CALIDADE DA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

ECER 2014

PORTO (PORTUGAL) , 1-5 SETEMBRO DE 2014

7ecer 2014

 

ESTE EVENTO OFRECE UNHA EXCELENTE OPORTUNIDADE PARA MIRAR CARA ATRÁS NO DESENVOLVEMENTO E IMPACTO DA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN EUROPA, ASÍ COMO PROXECTAR O SEU FUTURO. A CONFERENCIA EERA / ECER EN PORTO 2014 OFRECE UN TEMPO E UN ESPAZO PARA A COMUNIDADE DE INVESTIGACIÓN EDUCATIVA PARA SER AUTORREFLEXIVA, PARA AVALIAR AS SÚAS FORTALEZAS, DEBILIDADES E POSIBILIDADES.

MÁIS INFORMACIÓN

 

 


 

 

WORLD CONGRESS ON EDUCATION (WCE-2014)

 

SOUTH AFRICA, 15 AO 17 DE SETEMBRO DE 2014

 

 8wce 2104

 

O CONGRESO MUNDIAL EN EDUCACIÓN (WCE), ORGANIZADO UNIVERSITY OF SOUTH AFRICA (UNISA), E QUE SE CELEBRARÁ EN NELSPRUIT EN SETEMBRO DE 2014, TEN COMO PRINCIPAL PROPÓSITO PROPORCIONAR O ENCONTRO INTERDISCIPLINAR DE ACADÉMICOS E PROFESIONAIS DE DISTINTOS CAMPOS EDUCATIVOS A FIN DE AVANZAR NA INVESTIGACIÓN E NO COÑECEMENTO DA TEORÍA E DA PRÁCTICA EN EDUCACIÓN.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE PEDAGOXÍA. CARA UNHA TRANSFORMACIÓN EDUCATIVA CON SENTIDO

 sANTIAGO DE CHILE, 23 e 25 de setembro de 2014

9iberoamericano

A XUNTA DIRECTIVA DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE PEDAGOXÍA ANUNCIA A CONVOCATORIA DO VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE PEDAGOXÍA, QUE TERÁ LUGAR NA UNIVERSIDADE CATÓLICA CARDEAL SILVA HENRÍQUEZ ENTRE OS DÍAS 23 E 25 DE SETEMBRO DE 2014 NA CIDADE DE SANTIAGO DE CHILE.

ESTA INSTITUCIÓN SALESIANA POSÚE UNHA IMPORTANTE TRAXECTORIA NA FORMACIÓN DE PROFESORES, A TRAVÉS DA SÚA FACULTADE DE EDUCACIÓN, QUE TERÁ A MISIÓN DE SER A ENTIDADE ORGANIZADORA E ANFITRIOA DA SEGUNDA VERSIÓN DO CONGRESO DE PEDAGOXÍA A REALIZARSE EN AMÉRICA, DESPOIS DA EFECTUADA NA CIDADE DE TOLUCA (MÉXICO) EN 2010.

A LEMA DO CONGRESO, CARA A UNHA TRANSFORMACIÓN EDUCATIVA CON SENTIDO, TEN COMO PROPÓSITO PROMOVER O COÑECEMENTO PRODUCIDO NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN VISTAS DA SÚA TRANSFERENCIA AOS DISTINTOS ÁMBITOS, NO CONTEXTO DAS URXENTES NECESIDADES DO FORTALECEMENTO DUNHA EDUCACIÓN E PEDAGOXÍA MÁIS PERTINENTES, INCLUSIVAS E DEMOCRÁTICAS.

CABE DESTACAR QUE, TANTO CHILE COMO OUTRAS NACIÓNS, VIVIRON DURANTE O ÚLTIMO QUINQUENIO, MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS ASOCIADAS A DEMANDAS EDUCATIVAS BASEADAS NA PROCURA DO VERDADEIRO SENTIDO DA EDUCACIÓN, MODIFICANDO SENSIBLEMENTE A AXENDA DOS DIVERSOS ACTORES SOCIAIS, CULTURAIS E POLÍTICOS, E REINSTALANDO NO CENTRO DA DISCUSIÓN A ESIXENCIA DE CALIDADE E EQUIDADE DA EDUCACIÓN, VISTAS AGORA DESDE OS VALORES DA INCLUSIÓN E A XUSTIZA SOCIAL.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

SIMPOSIO INTERNACIONAL DE FILOSOFÍA DE LA EDUCACIÓN: “APRENDIZAJE ÉTICO-CÍVICO EN ENTORNOS VIRTUALES”

 

LOGROÑO, 29 E 30 DE SETEMBRO DE 2014

Universidad Internacional de La Rioja (UNIR)

 

10simposio

 

OS DÍAS 29 E 30 DE SETEMBRO DE 2014 CELEBRARASE EN LOGROÑO (LA RIOJA), UN SIMPOSIO INTERNACIONAL QUE PRETENDE PROMOVER A REFLEXIÓN PEDAGÓXICA SOBRE AS TECNOLOXÍAS DA EDUCACIÓN E A INFORMACIÓN.

 

O CONGRESO ESTÁ ORGANIZADO POLO GRUPO DE “EL QUEHACER EDUCATIVO COMO ACCIÓN” DA UNIVERSIDAD INTERNACIONAL DE LA RIOJA (UNIR), XUNTO CO INSTITUTO EUROPEO DE INICIATIVAS EDUCATIVAS E CON VARIOS COMITÉS CIENTÍFICOS E ORGANIZATIVOS. EN PARTICULAR, NESTA EDICIÓN ESTUDARASE A POTENCIALIDADE DOS ENTORNOS VIRTUAIS PARA XERAR APRENDIZAXES DE CARÁCTER ÉTICO-CÍVICO.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

  


 

XIV CONGRESO NACIONAL E I IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN COMPARADA

Educación, Supranacionalidad e Cidadanía.
Educación de cidadáns en contextos supranacionais: 

aportacións desde a Educación Comparada

 

Universidad Autónoma de Madrid

 

11congreso educacion comparada

 

O CONGRESO TERÁ LUGAR NA FACULTADE DE FORMACIÓN DE PROFESORADO E EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID E ESTARÁ ORGANIZADO POLO GRUPO DE INVESTIGACIÓN SOBRE "POLÍTICAS EDUCATIVAS SUPRANACIONAIS" DA DEVANDITA UNIVERSIDADE, EN COLABORACIÓN CO GRUPO INTERUNIVERSITARIO DE INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN COMPARADA DE MADRID.

A TEMÁTICA DO CONGRESO VERSA SOBRE "EDUCACIÓN, SUPRANACIONALIDADE E CIDADANÍA". ELIXIUSE ESTE TÓPICO PROCURANDO ACHEGAR DESDE A EDUCACIÓN COMPARADA ARGUMENTOS REFLEXIVOS PARA ABORDAR A EDUCACIÓN DE CIDADÁNS NOS NOVOS CONTEXTOS GLOBALIZADOS, CADA VEZ MÁIS COMPLEXOS, E QUE TEÑEN NA CREACIÓN DE ENTIDADES SUPRANACIONAIS UNHA CARACTERÍSTICA DEFINITORIA.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

 


 

SEMINARIO INTERUNIVERSITARIO DE TEORÍA DE LA EDUCACIÓN

 

SITE 2014

SEVILLA, 25-26 DE NOVEMBRO DE 2014

 12site 2014

 

A REDE ACADÉMICA SEMINARIO INTERUNIVERSITARIO DE TEORÍA DA EDUCACIÓN, INTEGRADA POR MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE INVESTIGADORES E PROFESORES DAS DISTINTAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, INICIOUSE NO ANO 1982 CO OBXECTIVO DE CONSOLIDAR O COÑECEMENTO TEÓRICO DA EDUCACIÓN E ABRIR NOVAS LIÑAS DE ANÁLISES E INVESTIGACIÓN.

BAIXO O TÍTULO “CULTURA EMPRENDEDORA E EDUCACIÓN”, AO REDOR DE SESENTA PROFESORES DAS DIFERENTES UNIVERSIDADES QUE INTEGRAN A REDE, ANALIZARÁN O FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA, A SÚA PROBLEMÁTICA E DESENVOLVEMENTO EN EDUCACIÓN.

MÁIS INFORMACIÓN

 


 


CONGRESO INTERUNIVERSITARIO DE TEORÍA DE LA EDUCACIÓN

 

CITE 2014

 

SEVILLA, 26 AO 28 DE NOVEMBRO DE 2014

13cite

 

O DEPARTAMENTO DE TEORÍA E HISTORIA DA EDUCACIÓN E PEDAGOXÍA SOCIAL DA UNIVERSIDADE DE SEVILLA E A REDE ACADÉMICA SITE ORGANIZAN O XIII CONGRESO INTERNACIONAL DE TEORÍA DA EDUCACIÓN: “EDUCACIÓN SUPERIOR: O RETO DA EMPLEABILIDADE”, QUE SE CELEBRARÁ NA UNIVERSIDAD DE SEVILLA OS DÍAS 26, 27 E 28 DE NOVEMBRODE 2014.

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO

 

Home