ANO 2016
XVI CONGRESO NACIONAL Y
VII CONGRESO IBEROAMERICANO DE PEDAGOGÍA: DEMOCRACIA Y EDUCACIÓN EN EL SIGLO XXI
MADRID, 28-30 DE XUÑO DE 2016
COINCIDINDO CO CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE JOHN DEWEY "DEMOCRACIA Y EDUCACIÓN", A SOCIEDAD ESPAÑOLA DE PEDAGOGÍA, EN COLABORACIÓN CON OUTRAS REDES DO ÁMBITO DA EDUCACIÓN, CELEBRA EN MADRID O XVI CONGRESO NACIONAL E VII IBEROAMERICANO DE PEDAGOXÍA. SEP 2016 SERÁ UN LUGAR DE INTERCAMBIO DE COÑECEMENTOS, EXPERIENCIAS E INVESTIGACIÓNS QUE PERMITAN CONSTRUÍR NOVOS COÑECEMENTOS PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DO PENSAMENTO PEDAGÓXICO.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
ANO 2015
ERNAPE-ARCTIC
BUILDING NEW FUTURES THROUGH RESEARCH AND INNOVATION
TROMSØ (NORUEGA), 26-28 DE AGOSTO DE 2015
A REDE EUROPEA DE INVESTIGACIÓN SOBRE A FAMILIA NA EDUCACIÓN (ERNAPE) CELEBRA A SÚA 10ª CONFERENCIA BIANUALEN 2015. A ERNAPE-ARCTIC ASPIRA A MIRAR CARA ADIANTE MÁIS QUE OLLAR PARA O PASADO E CONCENTRARSE NOS FUTUROS LOGROSNO CAMPO DA INVESTIGACIÓN SOBRE AS ESCOLAS, AS FAMILIAS E AS COMUNIDADES.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA CONFERENCIA
XIII CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA
A CORUÑA, 2-4 DE SETEMBRO DE 2015
CHEGA UNHA NOVA EDICIÓN, PARA SETEMBRO DE 2015, DO CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. CONSTITÚE UNHA CONVERXENCIA ACADÉMICA E QUE SUPÓN UNHA GRANDE MOBILIZACIÓN DE PROFESIONAIS, DE ESTUDANTES E PROFESORES DOS DIVERSOS ÁMBITOS DO ENSINO, DA PSICOLOXÍA, DA PSICOPEDAGOXÍA E, EN XERAL, DAS CIENCIAS DA EDUCACIÓN.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
ECER 2015
BUDAPEST (HUNGRÍA), 7-11 DE SETEMBRO DE 2015
A CONFERENCIA ECER 2015 CENTRARASE EN DIFERENTES ASPECTOS SOBRE A TRASFORMACIÓN DA EDUCACIÓN EN EUROPA. ESTES INCLÚEN, POR EXEMPLO, OS CAMBIOS NA ESTRUTURA UNIVERSITARIA DENTRO DOS CAMPOS DAS HUMANIDADES E DAS CIENCIAS SOCIAIS E OS SEUS EFECTOS IMPREVISTOS NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA. A GRAN ESCALA, AS TRASFORMACIÓNS NOS SISTEMAS POLÍTICOS ESTÁN AFECTANDO Á EDUCACIÓN E Á INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN DIFERENTES REXIÓNS. ADEMAIS A AUSTERIDADE ECONÓMICA EN EUROPA FORZOU ÁS PERSOAS A REORIENTAR AS SÚAS VIDAS, NON SEMPRE PARA MELLOR. FINALMENTE, AS TRANSFORMACIÓNS NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA AFECTAN AOS SEUS DESENVOLVEMENTOS TEÓRICOS E METODOLÓXICOS.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA CONFERENCIA
IX CONGRESO INTERNACIONAL DE EVALUACIÓN FORMATIVA Y COMPARTIDA EN DOCENCIA INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA Y UNIVERSITARIA.
TENDENCIAS EMERGENTES EN EVALUACIÓN: EL PAPEL DE LAS TECNOLOGÍAS
SANTANDER, 17-19 DE SETEMBRO DE 2015
O CONGRESO TEN ENTRE OS SEUS OBXECTIVOS:
- PROMOVER A DIFUSIÓN DE INVESTIGACIÓNS, ESTUDOS E EXPERIENCIAS INNOVADORAS RELACIONADAS COA AVALIACIÓN FORMATIVA NA DOCENCIA UNIVERSITARIA E OUTRAS ETAPAS.
- PRESENTAR OS RESULTADOS DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN DOCENTE SOBRE AVALIACIÓN.
- COMPARTIR EXPERIENCIAS, RESULTADOS DE ESTUDOS E TOMA DE DECISIÓNS SOBRE NOVAS VÍAS DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN ENTRE TODO O PROFESORADO DA REDE NACIONAL DE AVALIACIÓN FORMATIVA EN DOCENCIA UNIVERSITARIA, ASÍ COMO ENTRE TODO O PROFESORADO UNIVERSITARIO E DOUTRAS ETAPAS INTERESADO NESTAS TEMÁTICAS.
- ANALIZAR AS IMPLICACIÓNS DO USO DAS TECNOLOXÍAS NO DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS DE AVALIACIÓN NAS AULAS, ASÍ COMO ELABORAR UNHA SERIE DE INDICACIÓNS SOBRE O SEU USO E MELLORA.
- PROMOVER O INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS DE AVALIACIÓN APOIADAS EN TECNOLOXÍAS, ENTRE DIFERENTES ETAPAS EDUCATIVAS.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
COOPERATIVE LEARNING: MEETING THE CHALLENGES OF THE 21ST CENTURY
IASCE CONFERENCE 2015
ODENSE (DINAMARCA), 1-3 OUTUBRO DE 2015
A CONFERENCIAESTÁ DIRIXIDA A ACADÉMICOS, EDUCADORES/AS DE CALQUERA NIVEL OU ETAPA NA EDUCACIÓN FORMAL, INFORMAL OU NON FORMAL, OS POLÍTICOS E XESTORES DE EDUCACIÓN E A CALQUERA OUTRA PERSOA CON INTERESE EN EXPLORAR NA APRENDIZAXE COOPERATIVA E NA APLICACIÓN DE CO-OPERACIÓN EN CALQUERA ASPECTO DA EDUCACIÓN.
O OBXECTIVO É CREAR UN AMBIENTE DE INTERCAMBIO DE COÑECEMENTO E FOMENTAR O DIÁLOGO SOBRE O USO DA CO-OPERACIÓN NA APRENDIZAXE E DESENVOLVEMENTO MEDIANTE OBRADOIROS PRÁCTICO SE PRESENTACIÓNS REALIZADAS POR VARIOS EXPERTOS.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA CONFERENCIA
CONGRESO INTERNACIONAL E INTERUNIVERSITARIO CONTRA LA POBREZA INFANTIL EN EL MUNDO
HUELVA-ESPAÑA (NOVEMBRO 2015)
ASUNCIÓN-PARAGUAY (NOVEMBRO 2016)
DE NOVEMBRO DE 2015 A NOVEMBRO DE 2016 DESENVOLVERASE O CONGRESO INTERNACIONAL E INTERUNIVERSITARIO CONTRA LA POBREZA INFANTIL EN EL MUNDO, NO MARCO DA "GIRA ESPAÑA POR LA INFANCIA", RECORRENDO MÁIS DE 30 UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, UNHA UNIVERSIDADE DE PORTUGAL, UNHA UNIVERSIDADE DE MARROCOS E FINALIZARÁ EN ASUNCIÓN (PARAGUAY).
OBXECTIVOS:
- COÑECER OS DATOS DE POBREZA INFANTIL EN DIVERSOS PAÍSES DO MUNDO.
- XERAR UN FORO INTERNACIONAL DE REFLEXIÓN SOBRE ESTRATEXIAS SOCIAIS, ADMINISTRATIVAS E POLÍTICAS QUE CONTRIBÚAN A REDUCIR A POBREZA INFANTIL.
- CONCIENCIAR AOS DIFERENTES SECTORES SOCIO-COMUNITARIOS DA IMPORTANCIA QUE TEN DESENVOLVER MEDIDAS URXENTES CONTRA A POBREZA INFANTIL.
- PROPICIAR UN ESPAZO PARA A EXPOSICIÓN DE BOAS PRÁCTICAS EN CONTRA DA POBREZA INFANTIL.
- PRESENTAR AS ACTUAIS CONTRIBUCIÓNS AO CAMPO DA INVESTIGACIÓN DE EXPERTOS NA MATERIA.
- FOMENTAR A PARTICIPACIÓN ACTIVA DE NENOS, ADOLESCENTES E MOZOS A TRAVÉS DE INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
XVII CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO
SANTIAGO DE COMPOSTELA 18-20 DE NOVEMBRO DE 2015 (ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA)
PRETENDE A XVII EDICIÓN DO CONGRESO INTERNACIONAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL DE FORMACIÓN PARA O TRABALLO REVISAR OS AVANCES EN MATERIA DE RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS. POÑER DE RELEVO A PRODUCIÓN CIENTÍFICA, TÉCNICA, BOAS PRÁCTICAS E INTERROGANTES PARA ANALIZAR A ACTUALIDADE DESTAS CUESTIÓNS NO CONTEXTO DA EURORREXIÓN GALICIA E NORTE DE PORTUGAL.
- COÑECER A EXPERIENCIA DESENVOLVIDA NA EURORREXIÓN NOS PROCESOS DE RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DAS COMPETENCIAS ADQUIRIDAS POLA FORMACIÓN E A EXPERIENCIA PROFESIONAL A TRAVÉS DAS DISTINTAS VÍAS FORMAIS, NON FORMAIS E INFORMAIS.
- AVANZAR NA IDENTIFICACIÓN DOS RETOS DA ESTRATEXIA «EUROPA 2020», EN MATERIA DE EMPREGABILIDADE, NUN CONTEXTO DE LIBRE CIRCULACIÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
- DEBATER ACERCA DOS MODELOS CONSOLIDADOS E AS BOAS PRÁCTICAS DESENVOLVIDAS, NA UNIVERSIDADE, ADMINISTRACIÓN, EMPRESA E ENTIDADES NON GOBERNAMENTAIS, NOS PROCESOS DE AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL, DENDE A LEI DAS CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS E A FORMACIÓN PROFESIONAL, PUBLICADA NO ANO 2002.FOCALIZAR ACERCA DAS RELACIÓNS CONCEPTUAIS E PRÁCTICAS ENTRE A ORIENTACIÓN E A FORMACIÓN, NOS PROCESOS DE AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL.
- REFLEXIONAR SOBRE O ESTADO DA CUESTIÓN NUNHA PERSPECTIVA COMPARADA E INTEGRADA NO ESTADO ESPAÑOL E NO CONTEXTO COMUNITARIO DA UNIÓN EUROPEA.
ÁMBITOS TEMÁTICOS
1. RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIAS.
2. PROFESIONAIS DA FORMACIÓN E A AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS.
3. RECURSOS PARA A FORMACIÓN, RECOÑECEMENTO, AVALIACIÓN E A CERTIFICACIÓN DE COMPETENCIAS.
4. FORMACIÓN E ORIENTACIÓN AO LONGO DA VIDA
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
I CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE EDUCACIÓN BILINGÜE
CÓRDOBA, 17-20 DE NOVEMBRO DE 2015
O I CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE EDUCACIÓN BILINGÜE NACE COA IDEA DE SER UN FORO COMPARTIDO DE INVESTIGADORES/AS, DOCENTES, XESTORES EDUCATIVOS E ALUMNADO PARA PROMOVER UNHA REFLEXIÓN COMÚN, INTERNACIONAL E DIVERSA SOBRE BOAS PRÁCTICAS BILINGÜES EN CONTEXTOS EDUCATIVOS DE CALQUERA NIVEL: INFANTIL, PRIMARIA, SECUNDARIA E EDUCACIÓN SUPERIOR.
ÁREAS TEMÉTICAS:
- ENSINO E APRENDIZAXE: MÉTODOS E RECURSOS
- EDUCACIÓN INTERCULTURAL
- IMPLEMENTACIÓN DE PROGRAMAS BILÍNGÜES
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
ANO 2014
I CONGRESO IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN SOCIAL EN
SITUACIONES DE RIESGO Y CONFLICTO
MADRID, 7-9 DE MAIO DE 2014
OS DÍAS 7, 8 E 9 DE MAIO DE 2014 TERÁ LUGAR NA FACULTADE DE EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID A I EDICIÓN DO CONGRESO IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN SOCIAL EN SITUACIÓNS DE RISCO E CONFLITO.
O CONGRESO TEN OS SEGUINTES OBXECTIVOS:
- CREAR UN ESPAZO DE CONVIVENCIA INTERNACIONAL E IBEROAMERICANO ENTRE A ACADEMIA, PROFESIONAIS E ESTUDANTADO DOS DIVERSOS CAMPOS.
- COÑECER E PROFUNDAR SOBRE REALIDADES DA EDUCACIÓN SOCIAL EN RISCO E CONFLITO, DESDE DISTINTOS ENFOQUES EN INFANCIA E MOCIDADE; DELINCUENCIA E MEDIO PENAL; XÉNERO E MULLERES E INTERVENCIÓN COMUNITARIA.
- CREAR UN ESPAZO CONXUNTO DE TRABALLO ENTRE AS ADMINISTRACIÓNS E ENTIDADES PÚBLICAS E PRIVADAS PARA O RECOÑECEMENTO E MELLORA DAS NECESIDADES E PROMOCIÓN DE EDUCACIÓN SOCIAL CON ESTAS POBOACIÓNS E ÁMBITOS.
- CREAR OU POTENCIAR REDES IBEROAMERICANAS CON PERSPECTIVA SOCIOEDUCATIVA, DE MODO QUE FORTALEZAN A PEDAGOXÍA SOCIAL/EDUCACIÓN SOCIAL NA COMUNIDADE UNIVERSITARIA.
- XERAR CONCIENCIA SOCIAL SOBRE UN ÁMBITO POUCO TRATADO E INVISIBILIZADO, REFLEXIONANDO E PROPONDO MEDIDAS DE MELLORA DE ACCIÓN SOCIOEDUCATIVA CON ESTAS POBOACIÓNS.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
II CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE FAMILIAS E DISCAPACIDADE
“AS FAMILIAS, NO CENTRO”
BARCELONA, 15 E 16 DE MAIO DE 2014
OS DÍAS 15 E 16 DE MAIO DE 2014, CELEBRARASE EN BARCELONA O II CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE FAMILIAS E DISCAPACIDADE, TITULADO “AS FAMILIAS, NO CENTRO” ORGANIZADO POLA UNIVERSIDADE RAMÓN LLULL, FEAPS E DINCAT.
O OBXECTIVO DESTE II CONGRESO É PRESENTAR AS ACTUALIZACIÓNS EN INVESTIGACIÓN, ASÍ COMO A PROMOCIÓN DE CAMBIOS NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA FAMILIAR A PARTIR DO MODELO CENTRADO NA FAMILIA.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
EDEN ANNUAL CONFERENCE
ZAGREB 2014
DENDE 0 10 AO 13 DE XUÑO DE 2014 TERÁ LUGAR EN ZAGREB (CROACIA) A EDEN ANNUAL CONFERENCE, ONDE ESTE ANO OS EXPERTOS CENTRARÁN A SÚA ATENCIÓN NO E-LEARNING E NA SÚA RELEVANCIA EN ASPECTOS COMO O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, O EMPREGO E, POR SUPOSTO, O DESENVOLVEMENTO DE NOVAS FERRAMENTAS DE APRENDIZAXE.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
II CONGRESO NACIONAL: CALIDAD DE LA DOCENCIA UNIVERSITARIA Y ENCUESTAS: BALANCE DEL PLAN BOLONIA
SEVILLA, 18 DE XUÑO DE 2014
PASADOS XA VARIOS ANOS DENDE A IMPLANTACIÓN DO PLAN BOLONIA NAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, ESTE CONGRESO SUPORÁ UNHA EXCELENTE OPORTUNIDADE PARA FACER BALANCE DA SÚA REPERCUSIÓN NA CALIDADE DA DOCENCIA UNIVERSITARIA. ESTA INICIATIVA, QUE XA VAI POLA SÚA SEGUNDA EDICIÓN, SE DESENVOLVE DENDE A UNIVERSIDADE DE SEVILLA.
II CONGRESO INTERNACIONAL DE CIENCIAS DE LA EDUCACIÓN Y DEL DESARROLLO
GRANADA, 25-27 DE XUÑO DE 2014
ESTE CONGRESO ESTÁ DIRIXIDO A ACADÉMICOS E PROFESIONAIS, INVESTIGADORES E FORMADORES, EDUCADORES E ESTUDANTES, XESTORES, ADMINISTRATIVOS E DIRECTORES DE TODOS OS ÁMBITOS DAS CIENCIAS DA EDUCACIÓN E A PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO. ENFOCADO ESPECIALMENTE AOS QUE TRABALLAN NO ÁMBITO DA EDUCACIÓN FAMILIAR, ESCOLAR E/OU COMUNITARIA E NO DA PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO HUMANO A NIVEL PRÁCTICO E/OU TEÓRICO. POR TANTO, É UN CONGRESO PARA INVESTIGADORES E PROFESIONAIS DE PSICOLOXÍA, PEDAGOXÍA, PSICOPEDAGOXÍA, EDUCACIÓN SOCIAL, TRABALLO SOCIAL, SOCIOLOXÍA, E MAXISTERIO INTERESADOS EN COMPARTIR E DEBATER COÑECEMENTOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS NA CONTORNA CIENTÍFICA SOBRE AS DIVERSAS ÁREAS TEMÁTICAS QUE SE ABORDARÁN.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
XI FORO INTERNACIONAL SOBRE LA EVALUACIÓN DE LA CALIDAD DE LA INVESTIGACIÓN Y DE LA EDUCACIÓN SUPERIOR (FECIES)
BILBAO, 8 AO 11 DE XULLO DE 2014
O XI FORO INTERNACIONAL SOBRE A AVALIACIÓN DA CALIDADE DA INVESTIGACIÓN E DA EDUCACIÓN SUPERIOR (FECIES) PRETENDE CUBRIR UNHA OFERTA DE FORMACIÓN ESPECIALIZADA SEGUNDO OS SEGUINTES OBXECTIVOS:
- COÑECER A NOVA ORGANIZACIÓN DOS ENSINOS UNIVERSITARIOS.
- ANALIZAR E DEBATER SOBRE A SELECCIÓN DO PROFESORADO CONTRATADO E FUNCIONARIO.
- COÑECER E DEBATER SOBRE A SITUACIÓN DO DOUTORAMENTO EN ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA
- POSTA AO DÍA DA SITUACIÓN ACTUAL DO PROCESO DE CONVERXENCIA EUROPEA EN ESPAÑA E A UNIÓN EUROPEA.
- COÑECER OS DISTINTOS PLANS QUE TEÑEN AS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS PARA POTENCIAR A INVESTIGACIÓN, A CALIDADE E A CONVERXENCIA EUROPEA.
- COÑECER AS DISTINTAS FERRAMENTAS PARA AVALIAR A CALIDADE DA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
ECER 2014
PORTO (PORTUGAL) , 1-5 SETEMBRO DE 2014
ESTE EVENTO OFRECE UNHA EXCELENTE OPORTUNIDADE PARA MIRAR CARA ATRÁS NO DESENVOLVEMENTO E IMPACTO DA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN EUROPA, ASÍ COMO PROXECTAR O SEU FUTURO. A CONFERENCIA EERA / ECER EN PORTO 2014 OFRECE UN TEMPO E UN ESPAZO PARA A COMUNIDADE DE INVESTIGACIÓN EDUCATIVA PARA SER AUTORREFLEXIVA, PARA AVALIAR AS SÚAS FORTALEZAS, DEBILIDADES E POSIBILIDADES.
WORLD CONGRESS ON EDUCATION (WCE-2014)
SOUTH AFRICA, 15 AO 17 DE SETEMBRO DE 2014
O CONGRESO MUNDIAL EN EDUCACIÓN (WCE), ORGANIZADO UNIVERSITY OF SOUTH AFRICA (UNISA), E QUE SE CELEBRARÁ EN NELSPRUIT EN SETEMBRO DE 2014, TEN COMO PRINCIPAL PROPÓSITO PROPORCIONAR O ENCONTRO INTERDISCIPLINAR DE ACADÉMICOS E PROFESIONAIS DE DISTINTOS CAMPOS EDUCATIVOS A FIN DE AVANZAR NA INVESTIGACIÓN E NO COÑECEMENTO DA TEORÍA E DA PRÁCTICA EN EDUCACIÓN.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE PEDAGOXÍA. CARA UNHA TRANSFORMACIÓN EDUCATIVA CON SENTIDO
sANTIAGO DE CHILE, 23 e 25 de setembro de 2014
A XUNTA DIRECTIVA DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE PEDAGOXÍA ANUNCIA A CONVOCATORIA DO VI CONGRESO IBEROAMERICANO DE PEDAGOXÍA, QUE TERÁ LUGAR NA UNIVERSIDADE CATÓLICA CARDEAL SILVA HENRÍQUEZ ENTRE OS DÍAS 23 E 25 DE SETEMBRO DE 2014 NA CIDADE DE SANTIAGO DE CHILE.
ESTA INSTITUCIÓN SALESIANA POSÚE UNHA IMPORTANTE TRAXECTORIA NA FORMACIÓN DE PROFESORES, A TRAVÉS DA SÚA FACULTADE DE EDUCACIÓN, QUE TERÁ A MISIÓN DE SER A ENTIDADE ORGANIZADORA E ANFITRIOA DA SEGUNDA VERSIÓN DO CONGRESO DE PEDAGOXÍA A REALIZARSE EN AMÉRICA, DESPOIS DA EFECTUADA NA CIDADE DE TOLUCA (MÉXICO) EN 2010.
A LEMA DO CONGRESO, CARA A UNHA TRANSFORMACIÓN EDUCATIVA CON SENTIDO, TEN COMO PROPÓSITO PROMOVER O COÑECEMENTO PRODUCIDO NA INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN VISTAS DA SÚA TRANSFERENCIA AOS DISTINTOS ÁMBITOS, NO CONTEXTO DAS URXENTES NECESIDADES DO FORTALECEMENTO DUNHA EDUCACIÓN E PEDAGOXÍA MÁIS PERTINENTES, INCLUSIVAS E DEMOCRÁTICAS.
CABE DESTACAR QUE, TANTO CHILE COMO OUTRAS NACIÓNS, VIVIRON DURANTE O ÚLTIMO QUINQUENIO, MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS ASOCIADAS A DEMANDAS EDUCATIVAS BASEADAS NA PROCURA DO VERDADEIRO SENTIDO DA EDUCACIÓN, MODIFICANDO SENSIBLEMENTE A AXENDA DOS DIVERSOS ACTORES SOCIAIS, CULTURAIS E POLÍTICOS, E REINSTALANDO NO CENTRO DA DISCUSIÓN A ESIXENCIA DE CALIDADE E EQUIDADE DA EDUCACIÓN, VISTAS AGORA DESDE OS VALORES DA INCLUSIÓN E A XUSTIZA SOCIAL.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
SIMPOSIO INTERNACIONAL DE FILOSOFÍA DE LA EDUCACIÓN: “APRENDIZAJE ÉTICO-CÍVICO EN ENTORNOS VIRTUALES”
LOGROÑO, 29 E 30 DE SETEMBRO DE 2014
Universidad Internacional de La Rioja (UNIR)
OS DÍAS 29 E 30 DE SETEMBRO DE 2014 CELEBRARASE EN LOGROÑO (LA RIOJA), UN SIMPOSIO INTERNACIONAL QUE PRETENDE PROMOVER A REFLEXIÓN PEDAGÓXICA SOBRE AS TECNOLOXÍAS DA EDUCACIÓN E A INFORMACIÓN.
O CONGRESO ESTÁ ORGANIZADO POLO GRUPO DE “EL QUEHACER EDUCATIVO COMO ACCIÓN” DA UNIVERSIDAD INTERNACIONAL DE LA RIOJA (UNIR), XUNTO CO INSTITUTO EUROPEO DE INICIATIVAS EDUCATIVAS E CON VARIOS COMITÉS CIENTÍFICOS E ORGANIZATIVOS. EN PARTICULAR, NESTA EDICIÓN ESTUDARASE A POTENCIALIDADE DOS ENTORNOS VIRTUAIS PARA XERAR APRENDIZAXES DE CARÁCTER ÉTICO-CÍVICO.
XIV CONGRESO NACIONAL E I IBEROAMERICANO DE EDUCACIÓN COMPARADA
Educación, Supranacionalidad e Cidadanía.
Educación de cidadáns en contextos supranacionais:
aportacións desde a Educación Comparada
Universidad Autónoma de Madrid
O CONGRESO TERÁ LUGAR NA FACULTADE DE FORMACIÓN DE PROFESORADO E EDUCACIÓN DA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID E ESTARÁ ORGANIZADO POLO GRUPO DE INVESTIGACIÓN SOBRE "POLÍTICAS EDUCATIVAS SUPRANACIONAIS" DA DEVANDITA UNIVERSIDADE, EN COLABORACIÓN CO GRUPO INTERUNIVERSITARIO DE INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN COMPARADA DE MADRID.
A TEMÁTICA DO CONGRESO VERSA SOBRE "EDUCACIÓN, SUPRANACIONALIDADE E CIDADANÍA". ELIXIUSE ESTE TÓPICO PROCURANDO ACHEGAR DESDE A EDUCACIÓN COMPARADA ARGUMENTOS REFLEXIVOS PARA ABORDAR A EDUCACIÓN DE CIDADÁNS NOS NOVOS CONTEXTOS GLOBALIZADOS, CADA VEZ MÁIS COMPLEXOS, E QUE TEÑEN NA CREACIÓN DE ENTIDADES SUPRANACIONAIS UNHA CARACTERÍSTICA DEFINITORIA.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO
SEMINARIO INTERUNIVERSITARIO DE TEORÍA DE LA EDUCACIÓN
SITE 2014
SEVILLA, 25-26 DE NOVEMBRO DE 2014
A REDE ACADÉMICA SEMINARIO INTERUNIVERSITARIO DE TEORÍA DA EDUCACIÓN, INTEGRADA POR MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE INVESTIGADORES E PROFESORES DAS DISTINTAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS, INICIOUSE NO ANO 1982 CO OBXECTIVO DE CONSOLIDAR O COÑECEMENTO TEÓRICO DA EDUCACIÓN E ABRIR NOVAS LIÑAS DE ANÁLISES E INVESTIGACIÓN.
BAIXO O TÍTULO “CULTURA EMPRENDEDORA E EDUCACIÓN”, AO REDOR DE SESENTA PROFESORES DAS DIFERENTES UNIVERSIDADES QUE INTEGRAN A REDE, ANALIZARÁN O FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA, A SÚA PROBLEMÁTICA E DESENVOLVEMENTO EN EDUCACIÓN.
CONGRESO INTERUNIVERSITARIO DE TEORÍA DE LA EDUCACIÓN
CITE 2014
SEVILLA, 26 AO 28 DE NOVEMBRO DE 2014
O DEPARTAMENTO DE TEORÍA E HISTORIA DA EDUCACIÓN E PEDAGOXÍA SOCIAL DA UNIVERSIDADE DE SEVILLA E A REDE ACADÉMICA SITE ORGANIZAN O XIII CONGRESO INTERNACIONAL DE TEORÍA DA EDUCACIÓN: “EDUCACIÓN SUPERIOR: O RETO DA EMPLEABILIDADE”, QUE SE CELEBRARÁ NA UNIVERSIDAD DE SEVILLA OS DÍAS 26, 27 E 28 DE NOVEMBRODE 2014.
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONGRESO