Rial Sánchez, A. et al. (Coords.)
O GI GEFIL da Rede RIES e o Instituto de Emprego de Portugal (IEFP) levan organizando, en colaboración con outras institucións galegas e portuguesas, o Congreso Internacional de Formación para o Traballo dende o ano 1999. As actas que este volume recolle correspóndense coa décima primeira edición deste evento.
A temática arredor da cal xirou o congreso, nesta ocasión, foi o mundo emprendedor e a súa vinculación coa formación profesional, así como as posibilidades de aprender a emprender nos contextos profesionais. Este libro, que inclúe as conferencias, comunicacións e pósters presentados no citado evento, proporciona pistas acerca de cara a onde se dirixen as accións estratéxicas propostas a nivel nacional, autonómico e local, deixando constancia da importancia da investigación no ámbito do emprendemento.