Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

RPEValle, A.; Nuñez, J.C. & Rosário, P. (eds.). Revista de Psicología y Educación, 9,2. 

Resumo:
Nos últimos anos, desde distintas frontes e na maior parte dos países da nosa contorna -incluída o noso- reavivouse o debate histórico sobre a relevancia social e educativa dos deberes escolares e a conveniencia, ou non, de prescribilos nas diferentes etapas educativas.

Preocupado por este asunto, o Director da Revista de Psicoloxía e Educación / Journal of Psychology and Education considerou oportuno elaborar un número monográfico sobre este tema co fin de xerar debate psicoeducativo e novas liñas de investigación. O tema monográfico que agora ve a luz é un conxunto de seis traballos orixinais de investigadores especialistas no tema de diferentes universidades de España e Portugal. Desde distintas perspectivas metodolóxicas (estudos multinivel, análises fenomenográfico, revisión conceptual) e tendo como obxectivo tres dimensións dos deberes escolares (individual, familiar, instrucional), os seis artigos achegan datos relevantes para o desenvolvemento do coñecemento científico e para a práctica educativa.

 

Dispoñible en http://revistadepsicologiayeducacion.es/index.php/descargasj/view.download/31/211.html

Home