Santos Rego, M. A. (Dir).
O progreso dunha sociedade depende, en gran medida dos coñecmentos e capacidades que logren os seus membros a través do sistema educativo. Pero moitos estudantes non conseguen avanzar de acordo ás previsións curriculares, razón dabondo para apurar a busca de ferramentas que poidan beneficiar a todo o alumnado.
ECO-FA-SE é un programa socioeducativo deseñado para mellorar o rendemento do alumnado de 1º e 2º ciclo da ESO, tomando como base unha dinámica de traballo de colaboración entre familias e centros de ensino. Conta con tres actuacións relacionadas: un Programa de Aprendizaxe Cooperativa (AC), un Programa de Educación Familiar (EF) e un Programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Ten sido implementado e avaliado no marco de sólidas actuacións investigadoras, por membros do Grupo Esculca da USC e en sete centros educativos de Galicia. Os resultados acadados amosan o seu potencial sistémico, nomeadamente cando se trata de artellar canles efectivas polas que poida discorrer o éxito educativo da nosa mocidade.
Máis información: ESCULCA