Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

REDERIES 2015

A Rede de Investigación RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade) é un proxecto de traballo en rede no ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas no que están implicados oito (8) grupos de investigación das Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, e que está financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional. Todos eles traballan sobre educación e fluxos migratorios, formación laboral, pedagoxía intercultural, as TIC na educación e na formación, procesos de adquisición de segundas linguas ou avaliación de programas.

Partimos da firme crenza de que traballar en rede compartindo coñecemento e experiencia permitirá rendibilizar máis as nosas investigacións, facilitando maior transferencia de coñecemento e mesmo propostas e respostas máis eficaces diante das dificultades existentes.

Entre os obxectivos que nos propomos destacan o deseño de vías de intervención e desenvolvemento educativo para mellorar a inclusión social das persoas procedentes da inmigración, xunto á avaliación da calidade de plans, proxectos, programas e servizos vinculados á inserción social das poboacións migrantes, dentro e fora do noso país.

Aínda que a Rede nace como un proxecto universitario debe abrirse á sociedade galega para procurar un desenvolvemento eficaz e eficiente dos seus obxectivos, nun intercambio continuo con outras institucións e profesionais non universitarios. Xustamente, dende a Rede queremos que esta plataforma sexa o medio para favorecer ese achegamento e crear unha comunidade virtual de aprendizaxe compartido na sociedade galega.

 

 

Coordinador: D. Miguel A. Santos Rego

email: miguelangel.santos@usc.es

logo UE

 

Enlace aos Grupos de Investigación da Rede RIES

 

  logo conselleria educ

Home