VII EDICIÓN DO SEMINARIO NACIONAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO INMIGRANTE. EXPERIENCIA E INNOVACIÓN
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13-14 DE DECEMBRO DE 2013
O GRUPO DE INVESTIGACIÓN ESCULCA-REDE RIES ORGANIZOU A VII EDICIÓN DO SEMINARIO NACIONAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO INMIGRANTE. EXPERIENCIA E INNOVACIÓN, CELEBRADA NA USC OS DÍAS 13 E O 14 DE DECEMBRO DE 2013.
TRÁTASE DUNHA ACTIVIDADE QUE FOI RECOÑECIDA COMO FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (10 HORAS), E Á QUE ASISTIRON 6O DOCENTES DOS DISTINTOS NIVEIS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO.
MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO GI-ESCULCA
"IX NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTINIDADES 2.0:
A ESCOLA DA COMUNICACIÓN IGUALITARIA
LALÍN, 16-19 DE XULLO DE 2013
O Grupo de Investigación GEFIL, en colaboración coa Oficina de Igualdade do Concello de Lalín, levou a cabo unha nova edición do seu curso de verán que tivo lugar no concello pontevedrés do 16 ao 19 de xullo.
Foi dirixido principalmente a educadoras/es sociais, profesorado, traballadoras/es sociais e orientadoras/es, profesionais dos medios de comunicación, community manager e profesionais da comunicación en Social Media, educadoras/es, ANPAs, asociacións e/ou culturais, fundacións, ONGs, partidos políticos, sindicatos...
Os obxectivos principais foron:
Promover a participación e integración entre escola e comunidade a fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que os afectan, e aportar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos.
Facilitar o encontro de profesionais dos distintos ámbitos de intervención relacionados coa igualdade de oportunidades, especialmente o profesorado, favorecendo o intercambio de experiencias e o apoio mutuo.
Entender as relacións existentes entre familia, escola, comunicación social e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
VI SEMINARIO NACIONAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO INMIGRANTE. EXPERIENCIA E INNOVACIÓN. 14-15 DE DECEMBRO DE 2012
Como en anteriores edicións, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) foi a sede do VI Seminario Nacional de Atención Educativa ao alumnado inmigrante. Entre os obxectivos que persegui a súa celebración, destacamos:
- Ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre investigadores e profesionais da educación que están a traballar en dimensións prácticas da atención educativa a alumnos emigrantes.
- Consolidar un for estable sobre investigación e innovación na atención educativa á inmigración en Galicia, coa participación de universidades, centros de ensino e axencias cívico-sociais.
- Procurar o coñecemento e posta en valor de proxectos educativos de atención ao alumnado inmigrante que se están desenvolvendo en Galicia.
- Axudar á difusión de ideas e proxectos socio-educativos que atinxan á mellora organizativa e curricular dos centros de ensino.
Ao acto de inauguración do Seminario asistiron D. Juan J. Casares Long, Excmo. Reitor da USC; D. Manuel Corredoira López, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia; D. José Mª González Ochoa, Director de Programas da Fundación SM; D. Lois Ferradás Blanco, Decano da Facultade de Ciencias da Educación; e D. Miguel Anxo Santos Rego, Presidente do Comité Organizador.
Acto de inauguración
Cun total de 167 inscricións entre alumnado e profesorado, o Seminario desenvolveuse ao longo da tarde do venres 14 de decembro, coa ponencia presentada polo Prof. Agustín Godás Otero e que levaba por título Rendemento Educativo e Alumnos de orixe inmigrante en España, seguida da mesa redonda "As posibilidades dun proxecto social e intercultural desde os centros educativos e a sociedade civil" coordinada pola Profa. da USC Diana Priegue Caamaño e formada por Carlos Ferreiro González, Director do IES "Carlos Casares" de Viana do Bolo; Helena Gómez Vecino, Presidenta de CONFAPA-Galicia; e Rafael Ojea Pérez, Pedagogo do Concello de Vigo.
Xa o sábado 15 e na sesión da mañán, leváronse a cabo os Obradoiros:
- "Educación Infantil e Xestión da Diversidade Cultural", impartido por Gena Borrajo Borrajo, experta en Educ. Infantil e Corresponsal de "Cuadernos de Pedagogía".
- "Aprendizaxe cooperativa e calidade na atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante", impartido por Mar Lorenzo Moledo, Profa. da USC.
- "O ensino de segundas linguas a alumnos de orixe inmigrante", impartido por Mª Teresa Díaz García, Profa. da USC.
- "O cine como recurso educativo de carácter intercultural", impartido por Raúl Sotelo Vázquez, do IES de Porto do Son.
- "Competencia dixital e proxectos educativos interculturais", impartido por Beatriz Cebreiro López, Profa. da USC.
Ao longo da sesión da tarde, expuxéronse distintas "Experiencias e boas prácticas de Atención Educativa ao Alumnado de orixe inmigrante nas Escolas" a cargo de Gerardo Nistal Martino, do CEFORE en A Coruña; José Luis Diéguez Ruibal, do CPI "Virxe da Saleta", que presentou un traballo titulado "A Educación intercultural a través de curtas audiovisuais"; Julia Camiña Crespo e Flora García González, do CEIP "A Carballeira", que presentaron o seu traballo "Materiais interactivos de iniciación ao galego para alumnos de orixe inmigrante"; e Juan Montes Doel, do CEIP "Paradai", presentando a experiencia titulada "A estimulación da linguaxe oral no alumnado de orixe inmigrante".
Finalmente, como peche deste VI Seminario, contouse coa participación de Francesc Pedró García, Xefe do Dpto. de Desenvolvemento Docente e Políticas Educativas da UNESCO, que presentou a Conferencia "Políticas Educativas en Europa e Xestión da Inmigración en España".
Miguel Santos e Francesc Pedró