- O G. I. ESCULCA organiza o IX Seminario de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante (Educar na diversidade cultural dende as Ciencias Sociais), que terá lugar os días 13 e 14 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da USC. Máis información sobre a matrícula e programa na web de ESCULCA: http://www.usc.es/esculca/
-
A Rede RIES e o Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da UDC, organizan na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña dous seminarios de investigación que levan por título:
- Aplicacións da análise de varianza e da análise de regresión á investigación en psicoloxía e educación.
- Os modelos causais na investigación educativa.
Os seminarios impartiranse nas seguintes datas:
- Día 19 de febreiro de 2015: das 16:00 ás 21:00 horas. das 9:00 ás 14:00 horas.
- Día 20 de febreiro de 2015: das 9:00 ás 14:00 horas.
Estes, serán impartidos polo Prof. Dr. José Carlos Núñez Pérez, Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación e Director do Dpto. de Psicoloxía da Universidade de Oviedo.
- VIII Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación. Educación, diversidade e pluralismo relixioso.
Santiago de Compostela, 12-13 de decembro de 2014. (ver programa)
- O Grupo de Investigación Esculca, membro da Rede RIES, está traballando na organización de dous Cursos Básicos de Formación Continua da USC (1,5 créditos):
- A xestión socio-educativa da inmigración no eido local: balance e perspectivas, que se celebrará os días 7 e 8 de novembro de 2014, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
- A xestión socio-educativa da inmigración no eido local: a educación familiar, que se celebrará os días 21 e 22 de novembro de 2014, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
- O Grupo de Investigación Esculca máis a Unidade de Atención Temperá da USC están a traballar na organización do IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015.