Os días 13 e 14 de novembro tivo lugar na Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela, o IX Seminario de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, organizado polo GI Esculca. Unha centena de persoas, entre profesorado en exercicio, alumnado e outros profesións da educación participarían nesta nova edición centrada na educación na diversidade cultural dende as Ciencias Sociais.
O seminario inauguraríase a tarde do venres 13, con representación do reitorado da USC, Xunta de Galicia e Facultade de CC. da Educación, continuado do primeiro relatorio, sobre didáctica das CC. Sociais, migracións e diversidade cultural, desenvolvido por Francisco Rodríguez Lestegás, e posterior mesa redonda compartida por Xosé Armas, Laura Carpente e Miguel Fernández., arredor do curriculo das CC. Sociais e a diversidade cultural.
O sábado 14, na sesión de mañá, ademais do segundo relatorio sobre a xeografía, as CC. Sociais e a educación crítica, realizado por Xosé Manuel Souto, desenvolveríanse, de forma simultánea tres obradoiros de carácer práctico:
1. Aprendizaxe Cooperativa e calidade educativa nas Ciencias Sociais, por Mar Lorenzo.
2. O Cinema como recurso para educar na diversidade cultural dende as Ciencias Sociais, por Raúl Soutelo.
3. Os recursos TIC para a xestión da diversidade cultural nas Ciencias Sociais, por Carlos Macía e Francisco Armas.
Na sesión final de tarde, sería o momento para compartir experiencias prácticas en diferentes ámbitos ao respecto do tema do seminario, xunto coa conferencia titulada "O Profesorado de Ciencias Sociais diante da Educación para a Diversidade Cultural", impartida por Ramón López Facal.
Clausuraría o seminario Miguel Santos, coa achega de conclusións e prospectiva.