Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

 

28/07/2014

 

O Grupo de Investigación GEFIL, membro da Rede RIES-USC, participa na organización do XVI CONGRESO INTERNACIONAL DE FORMACIÓN PARA EL TRABAJO NORTE DE PORTUGAL/GALICIA “Lugares de trabajo - espacios de aprendizaje. La relevancia de la formación para el trabajo Formar para el trabajo, formar en el trabajo, formar por el trabajo”, que terá lugar no Centro de Emprego e Formación Profesional de Oporto os días 16 e 17 de Outubro de 2014. (máis información)

 


02/07/2014

 

A profa. Mar Lorenzo e Cristina Varela (Bolseira FPU) coordinadoras do último número da Revista Galega da Educación adicado á Pedagoxía Penitenciaria (máis información)

 


06/05/2014

A Rede RIES edita o seu cuarto Boletín.

 


27/12/2012

O Prof. Antonio Rial Sánchez, membro da Rede RIES e coordinador do Grupo de Investigación GEFIL, participou como panelista experto no 3º Encontro Internacional Educativo "Gestión del currículo por competencias", organizado pola Universidade Autónoma de Aguascalientes e a Benemérita Universidade Autónoma de Puebla, en México, os pasados días 17, 18 e 19 de outubro.

       


27/12/2012

Alexandre Sotelino Losada, membro da Rede RIES, participou no V Encontro Estatal de la Red Española de Aprendizaje-Servicio, que se celebrou en Barcelona o 15 de novembro, e que nesta edición foi coordinado polo Centre Promotor de Aprenentatge Servei de Catalunya.      

 


1/12/2012

O Coordinador da Rede RIES e do G.I. ESCULCA, visitou Perú o pasado mes de novembro, para impartir distintas Conferencias Invitadas nas universidades de San Martín de Porres (USMP) e na Pontificia Universidad Católica del Perú (PUCP), ambas radicadas en Lima. Ao mesmo tempo, como Presidente da CGIACA-ACSUG, participou nas labores de avaliación da calidade universitaria naquel contexto universitario, e mantivo contactos con autoridades educativas do país. Asimesmo, participou como Ponente Invitado no Seminario Internacional "Investigación y Desarrollo Científico en la Universidad".

         


1/10/2012

Os días 18 e 19 de outubro tivo lugar na Illa de San Simón o II Seminario Internacional Emigración e Exilio nos Estados Unidos de América. Experiencia de Galicia e Azores. (Ver programa)

 


28/9/2012

Do 9 ao 11 de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela o Coloquio Internacional "Setenta anos de Cuadernos Americanos: migración e exilio español republicano (1942-2012)". (Ver programa)

 


5/9/2012

Varios membros da Rede RIES asistiron ao ECER 2012 que se celebrou en Cádiz do 17 ao 21 de setembro.


 

17-20/7/2012

O Grupo GEFIL organizou o Curso de Verán que tivo lugar en Lalín denominado VIII Novas Fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0. Educar na Comunicación igualitaria.

1verano2


 

16-19/7/2012

O Grupo ESCULCA levou a cabo en Riveira o Curso de Verán Educación e cultura marítima en Galicia.

2verano1

 


15/7/2012

Integrantes do Grupo GEFIL, autores do libro "Igualdade de trato: retos e respostas socioeducativas".

 

3PORTADA MJMENDEZ 


11/6/2012

Xosé M. Malheiro Gutiérrez, integrante do Grupo ESCULCA, coordina o número monográfico da Revista Galega de Educación que leva por título "As escolas dos Americanos".

4rev gal educ malh


25/5/2012

Varios membros do Grupo ESCULCA, autores do libro "Inmigración y Administración Local. La gestión socioeducativa".

 

5inmiig admon loc LIBRO


9-11/5/2012

A Rede RIES tomou parte no 3º workshop dp Proxecto Development and Implementation of Common Bachelors Degree Programm in the European Context: DICBDEPC-Erasmus Multilateral Projects que se celebrou en Tallin (Estonia).


 

15/4/2012

Os profesores Luis M. Sobrado Fernández, Elena Fernández Rey e Mª Luísa Rodicio García publican na Editorial Biblioteca Nueva "Orientación educativa: nuevas perspectivas".

 

6PORTADA SOBRADO ELENA 

 


27-30/3/2012


Os GG.II. DIOP e ESCULCA, e coordinados por Rebeca García Murias e Cristina Varela Portela, levan a cabo o Seminario PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DA PARELLA: "LA MÁSCARA DEL AMOR.

7seminario2

 


5, 8, 9, 12, 15 e 16/3/2012

Os GG.II. DIOP e ESCULCA, e coordinados por Rebeca García Murias e Cristina Varela Portela, levan a cabo o Seminario DELINCUENCIA XUVENIL E VIOLENCIA FILIO-PARENTAL: A INTERVENCIÓN PSICOPEDAGÓXICA.

8seminario1

 


 

10/3/2012

Os profesores Mar Lorenzo Moledo e Miguel Ángel Santos Rego publican na Editorial Octaedro o libro "Estudios de Pedagogía Intercultural".

 

9PORTADA MAR MIG EST PED INT 

 


 

23/1/2012

Sinatura dun Convenio Marco de colaboración entre a empresa Nortideas e a USC, a proposta da Rede RIES, para o desenvolvemento de cursos e deseño de materiais educativos para o ensino-aprendizaxe do español para estranxeiros.


 

10/1/2012

A Rede RIES traballa na implementación de proxectos colaborativos en diferentes centros escolares da Eurocidade Tui-Valença que teñen como obxectivo unha educación inclusiva que parta dunha avaliación de necesidades da propia comunidade educativa e do aproveitamento de todos os seus recursos co fin de mellorar o rendemento académico do alumnado e aumentar o grao de motivación do profesorado.

 

Home