Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

9portada RESPOSTAS SOCIO MENDEZ

Méndez Lois, M.J. e Payo Negro, M.J.

O espazo escolar é fundamental nun proceso de cambio cara a actitudes máis igualitarias. Un modelo de profesorado igualitario, principalmente reflectido nos mestres varóns, representa unha magnífica oportunidade para que os nenos e as nenas se socialicen con novos referentes, sobre todo cun aínda escaso na nosa contorna como é o da masculinidade coidadora e comprometida.

A responsabilidade é de toda a sociedade. A comunicación e o compromiso son as pezas chave da implicación e as promotoras do cambio, procurando o interese e a aceptación da sociedade en xeral.

As persoas que forman a comunidade educativa e as escolas, polo seu valor socializador, teñen que ser o xermolo para iniciar a mudanza, co desexo de superar os obstáculos que o sexismo ocasiona. Deben asumir o compromiso, a nivel persoal e colectivo, de participar na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, na que mulleres e homes, gocen dos mesmos dereitos e oportunidades e na que as necesidades e as achegas, dunhas e doutros, sexan valoradas por igual.

Home