Share

Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

ednoform esculca

Santos Rego, M. A.; Lorenzo Moledo, M.; Vázquez Rodríguez, A.

Este libro analiza a emerxencia dunha nova dialéctica entre os mundos da aprendizaxe e do traballo nunha sociedade pletórica de conectividade e mobilidade.

Entre outras cuestións, ocúpase dos manifestos nexos, directos e indirectos, que xa se dan entre a educación non formal e a empregabilidade dos mozos, máxime cando sabemos da forza que está a cobrar, tanto en Europa como no resto do mundo, a validación de todo tipo de aprendizaxes presentes en graduados universitarios, estudantes e traballadores, sobre a base da experiencia adquirida en termos de coñecementos e destrezas transferibles aos máis diversos ámbitos de realidade. O que se defende na obra é a necesidade de outorgar máis atención ás boas accións e programas que, á marxe do sistema formal, contribúen a xerar oportunidades para os mozos de hoxe.

Ficha do libro

Home