Ferraces Otero, Mª J; Godás Otero, A; García Álvarez, J.
Este libro é unha resposta ás recorrentes inquietudes dos estudantes de grao e posgrao no ámbito das ciencias sociais, da educación e da saúde cando afrontan a realización dun traballo de investigación.
Ao longo das súas páxinas descríbese o procedemento, desde a formulación do problema até a redacción do informe. Céntrase no deseño experimental e cuasi experimental, expondo de maneira comprensible os deseños máis utilizados á hora de realizar un estudo de carácter científico. En definitiva, propóñense orientacións que contribúen a desenvolver a inquietude indagadora dos estudantes universitarios. De aí o seu enfoque práctico, sobre todo no relativo aos deseños de investigación e a necesidade da súa mellor comprensión operativa.
Fonte: Editorial Dykinson