Actualizada a sección de bolsas e convocatorias da web RIES coas novidades no BOE e DOG da segunda quincena do mes de marzo de 2017:
Do 6 ao 8 de setembro de 2017 terá lugar unha nova edición do Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía, a celebrar este ano na Universidade do Minho (Braga).
Nel poderán achegarse propostas de comunicación, poster ou simposio ata o 30 de abril.
O pasado 24 de marzo reuníronse, na Facultade de Ciencias da Educación na USC, os investigadore/as representativos dos grupos de investigación que conforman a RIES para trazar as liñas de traballo a seguir os vindeiros meses no seo da Rede.
Actualizada a sección de bolsas e convocatorias da web RIES coas novidades no BOE e DOG da primeira quincena do mes de marzo de 2017:
O próximo venres 24 de marzo de 2017, terá lugar na Facultade de CC. da Educación da USC unha reunión dos IP's dos grupos de investigación que conforman a Rede RIES, coordinada polo GI ESCULCA, co obxectivo de marcar o plan de traballo para os período 2017-2018.
Xa está en marcha a organización do VIII Congreso Nacional e III Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario. ApS-U8.
Os profesores Miguel A. Santos, Alexandre Sotelino e Mar Lorenzo, do GI ESCULCA, coordinarán un monográfico sobre Aprendizaxe-Servizo na Revista Interuniversitaria "Educación y Diversidad" que publica a Universidade de Zaragoza.
Seguimos inserindo eventos de interese no Calendario RIES. Así, por exemplo, cabe salientar, entre outros:
Do 14 ao 16 de marzo desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, as xornadas "Realidad Educativa en la Comunidad Gitana en Exclusión: Formación para Profesironales en el ámbito escolar". Nelas intervendrán os profesores da RIES Miguel Santos e Mar Lorenzo (ESCULCA) na conferencia titulada "La atención a la diversidad en la escuela".