Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

1 Cartel congresoCabe lembrar que do 19 ao 21 de outubro de 2017, na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, coa coordinación do GI GEFIL, desenvolverase unha nova edición do Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, baixo o tema “A Formación Profesional Dual: Duos ou Duetos?

Ler máis...

Cartel dislexia

Dende o luns 11 de setembro poderá realizarse a matrícula no Curso de Especialización en dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe, dirixido polas profesoras Paula Outón e Julia Crespo (GI ESCULCA), e que se desenvolverá de xaneiro a xuño de 2018 na Facultade de CC. da Educación da USC.

 

Ler máis...

20170907 204851O venres clausurábase una nova e exitosa edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía, celebrado na Universidade do Minho de Braga os días 6, 7 e 8 de setembro, no que participaron membros de diferentes grupos da rede RIES, presentando comunicacións nas mesas multitemáticas organizadas ao longo de varias sesións.

Ler máis...

18835696 465838627086418 7454434605942312341 nO pasado sábado día 29 de xullo, o profesor Alexandre Sotelino Losada estivo presente en Palas de Rei participando no proxecto Ruralizarte, organizado pola Xunta de Galicia e producido por Claqueta Coqueta, coa colaboración dos Concellos de Riós, Palas de Rei e Melide. 

Ler máis...

cover_issue_638_es_ES.png

Fai uns meses, publicábase na revista Docencia Universitaria (REDU) un artigo dos profesores do GI DIOEP Cristina Ceinos e Miguel Anxo Nogueira, titulado “La Orientación como elemento de calidad en la Facultad de Ciencias de la Educación de la Universidad de Santiago de Compostela”, onde se achegan datos sobre os servicios de orientación ofrecidos ao alumnado da citada facultade e que permiten analizar a realidade contextual de cara ao deseño e desenvolvemento de plans de acción titorial no eido universitario.

Ler máis...

20170713_125341.jpg

O xoves 13 de xullo Elena Fernández, Cristina Ceinos e Miguel Anxo Nogueira, do grupo DIOEP, participaron no Seminário Internacional: Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento num Mundo Plural e Desafiador, celebrado na Escola de Psicología da Universidade do Minho (Braga-Portugal).

Ler máis...

foroinnova.jpg

O profesor Alexandre Sotelino Losada e Javier Agrafojo Fernandez, ambos membros do GI-ESCULCA e da Rede RIES, participarán o Xoves 13 de Xullo no VII Foro Internacional de Innovación Universitaria que se celebra na sede de Afundación da cidade de Vigo.

Ler máis...

Noticias da Web no mail

Eventos de interese

Outubro 2024
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31

Últimos engadidos

IEG 2002-2014

Boletín RIES

Último nº: 22 [xuño 2022]

PortadaBol 22

Grupos de Investigación

 

Logo Mestura P 280 positivo

Servizos

 

unidade logo

Usuari@s en liña

Temos 15 anónimos e ningún membro en liña

Visitas

© 2009-2024 by GPIUTMD