O volumen 37 da Revista Revista Lúsófona de Educação recolle tamén a publicación dun artigo dos profesores Miguel Santos, Diana Priegue e Julia Crespo, do grupo ESCULCA da USC, titulado "Aprendizaje escolar y percepción de competencia lingüística en alumnos de origen inmigrante", dispoñible en texto completo para a súa lectura.
Vén de ser publicado un artigo da profesora Cristina Ceinos e o profesor Miguel Nogueira (DIOEP-USC), na Revista Lusófona de Educação, elaborado en colaboración co equipo sobre desenvolvemento vocacional da Universidade do Minho coordinado pola profesora Taveira.
Os profesores Cristina Ceinos e Miguel Nogueira do grupo DIOEP (USC) da RIES formarán parte, una ano máis, da Comisión Científica do “II Seminário Internacional de Desenvolvimento de Carreira e Aconselhamento: Educação Mobilidade e Emprego”, que se celebrará o 19 e 20 de abril de 2018 na Escola de Psicologia da Universidade do Minho (Braga-Portugal).
A Universidade Autónoma de Madrid no marco do proxecto “Calidad de la Educación en Iberoamérica: Discursos, políticas y prácticas" (CEAL-AL/2017-12), convoca ao Premio Iberoamericano de ensaio, investigación e experiencias sobre calidade da educación, que ten como obxectivo premiar os mellores traballos escritos inéditos relacionados coa calidad da educación en calquera das tres modalidades seguintes: ensaio, investigación ou experiencias.
A prensa salienta o logro do catedrático Antonio Valle, director do GIPED (UdC) da rede RIES, ao entrar no ranking dos científicos españois con publicacións máis citadas segundo a base de datos da Web of Science.