O profesor Jorge Soto do GIES 10 (UVigo) da RIES, desenvolverá unha conferencia o xoves 14 de decembro ás 19:30 h. (Afundación, Rúa do Vilar, Santiago de Compostela) sobre o novo paradigma que se presenta ante a educación, a necesidade de incorporar o valor do ser e do convivir para educar de forma integral.
Dispoñible para lectura e/ou descarga o Boletín nº 13 da Rede RIES, último número do ano.
Accesible dende a súa sección na web
As profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen Fernández Morante, do grupo TecnoEduc (USC) da RIES, están a realizar unha estancia de investigación no Instituto de Investigaciones sobre la Universidad y la Educación (IISUE) e na Coordinación de Universidad Abierta y Educación a Distancia (CUAED) da Universidad Nacional de México (UNAM)...
O vindeiro sábado 16 de decembro de 10 a 18h., no Auditorio de Ferrol, celebrarase o Encontro Mostra Transfronteriza da Xuventude Emprendedora (EMOTRAXE), no que Ana Vázquez, Investigadora do grupo ESCULCA (USC) da RIES, participará na mesa redonda “Competencias clave para superar o reto da inserción laboral e emprendemento”.
As profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen Fernández Morante,do grupo TecnoEduc (USC) da RIES, participaron recentemente, no XIV Congreso Nacional de Investigación Educativa organizado polo Consello Mexicano de Investigación Educativa, evento de referencia en México e América Latina.
Veñen de ser publicadas as actas do V Seminario da Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación (RIPO), celebrado en Santiago de Compostela no ano 2014 baixo a coordinación do grupo DIOEP (USC) da RIES.
O pasado xoves 23 de novembro celebrouse na Facultade de Matemáticas da USC o Seminario Responsabilidade Social e Innovación Educativa: a Aprendizaxe-Servizo como ferramenta para a inserción laboral, organizado coa colaboración do grupo ESCULCA da RIES.