Méndez Lois, M.J. e Taboada Lorenzo, C. (Coords.)
O espazo escolar é fundamental nun proceso de cambio cara a actitudes máis igualitarias. Un modelo de profesorado igualitario, principalmente reflectido nos mestres varóns, representa unha magnífica oportunidade para que os nenos e as nenas se socialicen con novos referentes, sobre todo cun aínda escaso na nosa contorna como é o da masculinidade coidadora e comprometida.
Santos Rego, M.A. e Lorenzo Moledo, M.M. (Eds.)
Nesta obra reúnense seis estudos cuxa confluencia non é outra que a posibilidade dunha pedagoxía intercultural capaz de dar respostas ás preguntas e inquedanzas dos educadores nun tempo de crecente vulnerabilidade e de risco global.
Co seu epicentro situado en Galicia, inmigración e administración local supón un revulsivo para a análise e avaliación dos plans, programas e actividades nunha coxuntura difícil, ao tempo que decisiva, para calibrar o alcance dos compromisos cívicos e constitucionais.
Sobrado Fernández, L.M., Fernández Rey, E. e Rodicio García, M.L. (Coords.)
A formación e orientación ao longo da vida é unha aspiración pedagóxica fundamental na sociedade actual. Neste sentido, a aprendizaxe continua e a orientación permanente prentenden axudar á cidadanía a explorar a súa toma de decisións académicas, formativas, sociais e profesionais en calquera momento e circunstancia da súa vida persoal, educativa e laboral.
Cantón Mayo, I. e Pino Juste, M. (Coords.)
Este libro permite aos futuros docentes de calquera nivel educativo dispoñer dun manual básico para planificar as súas programacións didácticas, xa que ofrece unha base teórica de fundamentación e xustificación das accións docentes, pero tamén práctica e técnica, sobre o deseño curricular e sobre cada un dos compoñentes e elementos do currículum.
Méndez Lois, M.J. e Payo Negro, M.J.