Os días 20 e 21 de outubro de 2016, terá lugar en Viana do Castelo (Portugal) o XVIII Congresso Internacional de Formação para o Trabalho Norte de Portugal/Galiza, no que os porfesores Miguel A. Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo (GI ESCULCA) foron convidados a intervir no Workshop nº 4, sobre "O não formal conta? O valor das aprendizagens informais (voluntariado, part-time, organizações locais...)", que se desenvolverá o día 20 de outubro de 11:00 a 13:00 h.
O profesor Miguel A. Nogueira (GI DIOEP), vén de iniciar una estancia de mobilidade internacional na Escola de Psicología da Universidade do Minho (Braga, Portugal), xunto co Grupo de Investigación Career Development and Counselling, coordinado pola profesora Mª do Cèu Taveira, que desenvolverá en diferentes períodos entre os meses de xullo e setembro.
Os días 7 e 8 de xullo, Elena Fernández Rey, Cristina Ceinos Sanz, Rebeca García Murias e Miguel A. Nogueira Pérez, membros do GI DIOEP, asistirían a Conferencia Internacional e reunión final de traballo do Proxecto Erasmus+ Guide My W@y!, que se celebraron na University of Applied Labour Studies (coordiandores do proxecto), en Mannheim , Alemaña.
O GIPED (UdC) organizou o 6 e 7 de xullo do 2016 as II Xornadas de Psicoloxía Educativa, resultando un grande éxito.
Contouse coa presenza de varios expertos en distintas temáticas, destacando a participación do coordinador da rede RIES, o profesor Miguel Santos Rego, nunha mesa redonda, moderada pola profesora Mar Lorenzo Moledo (ESCULCA).
Do 28 ao 30 de xuño tivo lugar o XVI Congreso Nacional e VII Congreso Iberoamericano de Pedagoxía, na Facultade de CC. da Educación da Universidade Complutense de Madrid. Nel participaron numerosos membros dos grupos de investigación da rede RIES, que presentaron traballos en simposios, mesas de comunicacións e sesións de posters durante as tres xornadas do congreso.