Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

3d9430bc 5049 440b 8c2a 2a13c3e97f9fO pasado mércores 22 de xuño, Cristina Ceinos e Miguel A. Nogueira (GI DIOEP), mantiveron unha reunión de traballo GI Career Development and Counselling, dirixido pola Profesora María do Céu Taveira.

Ler máis...

ictgirlsNa recente conferencia europea Digital Festival 2016, celebrada en Bruxelas o día 21 de xuño de 2016, organizada polo Forum Europe,  o Comisario Europeo de Educación, Cultura e Deportes, Tibor Navracsics, mencionou como un dos exemplos destacados no fomento das vocacións tecnolóxicas entre as mozas o proxecto europeo ICT-Go-Girls! na súa intervención no panel "People and Tech”, centrado en explorar as habilidades dixitais en Europa e o rol presente e futuro das mulleres no sector TIC.

Ler máis...

simposioO Proxecto Europeo Erasmus+ "Guide My W@y!" ten como obxectivo apoiar aos orientadores da carreira no desenvolvemento das súas función vinculadas coa mobilidade internacional da xuventude e dos profesionais novos.   

Ler máis...

DSC02000.jpgO pasado mércores día 15 de xuño ás 12 h. tivo lugar no MUPEGA de Santiago de Compostela a presentación do libro "A Investigación Educativa en Galicia. 2002-2014", editado polo catedrático Miguel A. Santos Rego (coordinador da rede RIES) e publicado pola Editorial Galaxia.

Ler máis...

Informe IEGEste mércores 15 de xuño, ás 12 horas, no Museo Pedagóxicao de Galicia (Rúa San Lázaro, 107, Santiago de Compostela), terá lugar a presentación do libro A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014  (Miguel A. Santos Rego, ed.) (Editorial Galaxia),  no que participaron un gran número de profesoras e profesores dos grupos de investigación da Facultade de CC. da Educación e da Rede RIES.

Ler máis...

CARTEL II Xornadas de Psicoloxia Educativa redOs días 6 e 7 de xullo terán lugar na Facultade de CC. da Educación da Universidade da Coruña as II Xornadas de Psicoloxía Educativa, organizadas polo GIPED. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer algunhas liñas de traballo en psicoloxía e educación que están desenvolvendo outros grupos de investigación e que teñen relación coas áreas de investigación do GIPED.

Ler máis...

curso veran 2016Dende o Grupo de Investigación ESCULCA da Rede RIES estase a traballar na organización do Curso de Verán "Os dereitos dos nenos e das nenas: a situación da infancia en Galicia", que se celebrará os días 21 e 22 de xullo de 2016, na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida).

Ler máis...

Noticias da Web no mail

Eventos de interese

Abril 2025
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30

Últimos engadidos

IEG 2002-2014

Grupos de Investigación

 

Logo Mestura P 280 positivo

Servizos

 

unidade logo

Usuari@s en liña

Temos 11 anónimos e ningún membro en liña

Visitas

© 2009-2025 by GPIUTMD