Do 6 ao 8 de setembro de 2017 celebrase no Instituto de Educación da Universidade do Minho (Braga, Portugal), o "XIV Congresso Internacional Galego-Português de Psicopedagogia".
En breve publicarase na web do Congreso (http://net.ie.uminho.pt/xivgp) información detallada sobre os obxectivos, áreas temáticas, programa, formas de participación e inscrición.
Actualizamos a sección de bolsas e convocatorias da web RIES coas novidades no BOE e DOG do mes de agosto e ata o 17 de setembro de 2016:
Do 8 ao 10 de setembro, as profesoras Elena Fernández e Cristina Ceinos e o profesor Miguel Nogueira, pertencentes ao GI DIOEP, presentaron diversos traballos no III Congreso Internacional sobre Diagnóstico e Orientación (CIDO), na Universidade de Xaén.
Varios membros do GI ESCULCA participaron no ECER 2016 (European Conference on Educational Research), que se celebrou en Dublín entre os días 22 e 26 de agosto de 2016.
O 9 de setembro terá lugar en Catoira, no seo do Proyecto ELAINE, a Conferencia Internaconal "Deporte y actividades culturales como medio para la integración de inmigrantes y refugiados".
Nela participarán como conferenciantes os profesores do GI ESCULCA Miguel A. Santos, Mar Lorenzo e Agustín Godás.
O Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela, presentou o informe elaborado polo GI ESCULCA sobre "Os Programas de Educación non Formal e a Empregabilidade da Xuventude en Galicia".
Este informe realizouse no marco dun convenio asinado en abril de 2015 entre a Consellería e a USC, e tivo como eixos os Programas Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil e Galeuropa, desenvoltos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.