Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

deberesO día 18 de febreiro terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña unha sesión científica sobre Os deberes escolares a debate, na que participarán o Prof. Dr. José Carlos Núñez Pérez, Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Oviedo, o Prof. Pedro Rosário, Profesor Titular de Psicoloxía da Educación da Universidade de Minho (Portugal) e os membros do Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa (GIPED) da UDC., que forma parte da Rede RIES.

Ler máis...

IFGO Instituto Federal de Educação, Ciência e Tecnologia de Goiás (IFG) do Brasil realiza, na próxima semana (9,10, 11 e 12 de febreiro), dous eventos internacionais con participación de membros da Rede RIES: o Simpósio Internacional de Pesquisa Investigativa e o Simpósio Internacional do Programa de Pós-Graduação em Educação para Ciências e Matemática.

Ler máis...

ECOFASE

O Grupo de Investigación ESCULCA desenvolveu o Programa ECO-FA-SE no seo do Proxecto de Investigación "Deseño e avaliación dun programa para a mellora do rendemento educativo do alumnado inmigrante" e que xa se atopa publicado baixo a seguinte referencia:

Santos Rego, M. A. (Dir.) (2014). Programa ECO-FA-SE. Universidade de Santiago de Compostela.

Na sección de outras publicacións dos GG.II. da Rede atoópase unha reseña máis ampla, e en breve poderase consultar no Servizo de Recusos Psciopedagóxicos da Facultade de CC. da Educacion da USC un exemplar do caderno do profesor cedido polo citado grupo.

Tamén se pode atopar máis información do programa neste enlace da web de ESCULCA.

logociatef2015A Rede RIES (GI ESCULCA) participa na organización do IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar que se celebrará en Santiago de Compostela os días 10, 11 e 12 de setembro de 2015, e que contará coa presenza de prestixiosos investigadores a nivel mundial.

Ler máis...

esculcaO vindeiro mes de decembro celebrarase a VIII edición do VIII Seminario Nacional de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante. Experiencia e Innovación. Educación, diversidade e pluralismo relixioso, unha actividade coordinada polo GI ESCULCA (máis información) (ver programa).

johns hopkinsA bolseira FPU Bibiana Regueiro Fernández, membro do Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa da Universidade da Coruña (integrado na Rede RIES) acaba de acadar unha bolsa do Ministerio de Educación Cultura e Deporte para facer unha estadía de tres meses na School of Education da Universidade Johns Hopkins (EE.UU.) baixo a supervisión da Profra. Joyce L. Epstein, Directora do Center on School, Family, and Community Partnerships y del National Network of Partnership Schools (NNPS).

Noticias da Web no mail

Eventos de interese

Decembro 2024
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Últimos engadidos

IEG 2002-2014

Boletín RIES

Último nº: 22 [xuño 2022]

PortadaBol 22

Grupos de Investigación

 

Logo Mestura P 280 positivo

Servizos

 

unidade logo

Usuari@s en liña

Temos 31 anónimos e ningún membro en liña

Visitas

© 2009-2024 by GPIUTMD