A tarde do mércores 7 de outubro, tiña lugar unha reunión na Facultade de CC. de Educación no Campus Norte da USC, entre o Concelleiro de Educación, Manuel Dios, máis o Técnico e Director do Departamento de Educación, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, e diverso profesorado da Facultade, entre o que se atopaban numerosos membros da Rede RIES, coa finalidade de iniciar un proceso que leve ao deseño dun Plan Educativo para a Cidade de Santiago de Compostela.
A mañá do sábado 12 de setembro, e nun escenario propicio para a ocasión, o Salón Nobre do Pazo de Fonseca, tiña lugar a última sesión do CIATEF 2015. O cansanzo acumulado nos participantes iríase disipando segundo transcorrían as últimas ponencias a cargo do Dr. Pedreira, xunto coa de clausura realizada polo Dr. Carracedo, onde nos falou das innovacións na investigación xenética e a súa aplicación práctica xunto coa atención temperá.
O venres 11 de setembro, festivo na USC por coincidir co acto inaugural do curso académico 2015-2016, o CIATEF non afrouxaría o seu ritmo e continuou desenvolvendo as súas actividades en todo o complexo de edificios das Facultades de CC. da Educación e Psicoloxía. Conferencias plenarias, simposios, pósteres e as últimas mesas de comuncacións encherían o programa ofertado aos asistentes.
A mañá do xoves 10 de setembro iniciose o CIATEF 2015 con múltiples actividades, destacando os obradoiros celebrados de forma simultánea con temática variada en relación coa atención temperá e a educación familiar (tecnoloxías, sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, intervención psicomotriz).