O pasado venres día 26 de novembro de 2015, Cristina Varela Portela, pertencente ao GI ESCULCA, defendeu na Sala de Xuntas da Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) a tese de doutoramento titulada "Delincuencia femenina e inmigración. Perfil socioeducativo y propuesta de intervención centrada en la competencia social", dirixida polos profesores Miguel A. Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo.
Entre os días 18 e 20 de novembro celebrouse na Escola Galega da Administración Pública de Santiago de Compostela o XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, organizado porlo grupo de investigación GEFIL. Nesta edición a temática a traballar nas difererentes sesións foi "A formación, a orientación e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación das competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais".
Os días 13 e 14 de novembro tivo lugar na Facultade de CC. da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela, o IX Seminario de Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, organizado polo GI Esculca. Unha centena de persoas, entre profesorado en exercicio, alumnado e outros profesións da educación participarían nesta nova edición centrada na educación na diversidade cultural dende as Ciencias Sociais.
Na tarde do mércores 11 de novembro, tivo lugar, na facultade de CC. da Educación do Campus Vida da USC, unha reunión dos responsables da elaboración do Informe sobre o estado da Investigación Educativa en Galicia (2002-2014), coordinada polo profesor Miguel A. Santos.
Do 5 ao 7 de novembro celebrarse na Facultade de Ciencias da Educación da Coruña o 5º Congreso Mundial do Deporte Escolar, Educación Física e Psicomotricidade, coa participación da profesora Margarita Pino, coordinadora do GIES10 da Universidade de Vigo, no comité científico e mediante o desenvolvemento dun curso/taller denominado "Deseño de Unidades Didácticas Integradas en Educación Física", no que se desenvoverán os seguintes contidos: