Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real  Decreto-Lei 13/2012.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies

portadabol4

A REDE RIES edita o seu 4º Boletín

Pode descargarse dende a sección Boletín RIES

1CARATULA APREND COOP

Este material de recente edición, e articulado no marco dunha acción mancomunada dentro da Rede sobre Inmigración, Educación e Sociedade (RIES), presenta algunhas das máis acreditadas técnicas de aprendizaxe cooperativa que permitan mellorar e optimizar a xestión da diversidade cultural desde a escola e, en xeral, desde o conxunto do sistema educativo.

Estas foron as técnicas seleccionadas:

Ler máis...

gefilO Grupo de Investigación GEFIL, en colaboración coa oficina de Igualdade do Concello de Lalín, organizou o curso de verán "IX NOVAS FRONTEIRAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES 2.0: A ESCOLA DA COMUNICACIÓN IGUALITARIA", que tivo lugar en Lalín do 16 ao 19 de xullo. (Máis información).

esculcaOs Profesores Miguel A. Santos e Mar Lorenzo do Grupo de Investigación ESCULCA impartiron un obradoiro sobre Técnicas de Aprendizaxe Cooperativa no marco das II Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade que tivo lugar en Betanzos do 10 ao 12 de maio. (Ver programa)

esculcaO profesor Miguel Santos Rego e a profesora Mar Lorenzo (Grupo de Investigación ESCULCA) serán co-autores dun libro que publicará este ano nos EE.UU. a Editorial INFORMATION AGE PUBLISHING baixo o título Rethinking Education for a Global, Trans-Cultural World (E. Soriano, ed.).

gefilO profesor Antonio Rial Sánchez, coordinador do GI GEFIL, no seo do V Congreso Internacional "Formación docente para una sociedad incluyente"vén de impartir a Conferencia Maxistral titulada Inserción y calidad de vida: construyendo comunidades competentes, ademais do taller Inclusión y trabajo por competencias,que se celebrou na cidade Oaxaca de Juárez (México) os días 1, 2 e 3 de marzo.

Noticias da Web no mail

Eventos de interese

Decembro 2024
L M M X V S D
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31

Últimos engadidos

IEG 2002-2014

Boletín RIES

Último nº: 22 [xuño 2022]

PortadaBol 22

Grupos de Investigación

 

Logo Mestura P 280 positivo

Servizos

 

unidade logo

Usuari@s en liña

Temos 40 anónimos e ningún membro en liña

Visitas

© 2009-2024 by GPIUTMD